Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
NOVAS

« Atrás

Oleiros organiza un completo programa para conmemorar o Día Internacional contra a Violencia de Xénero

Oleiros, 21 de novembro de 2012-. O Concello de Oleiros, dentro das accións previstas no seu Plan de Igualdade, desenvolve ao longo destes días distintas actividades de sensibilización e coeducación neste ámbito con motivo da conmemoración o próximo 25 de novembro do Día Internacional contra a violencia de xénero.

Por unha banda o Concello vai desenvolver, cos alumnos da ESO nos centros de secundaria do municipio, unha serie de obradoiros nos que, a través da música e da letras de cancións coñecidas, analízanse as relacións de parella, e o respecto mutuo.Tamén en cada un dos centros de secundaria vaise realizar o próximo venres 23 a plantación dunha composición ornamental, de flores e plantas, co fin de que sirva de recordo a todo o alumnado do problema da violencia de xénero.

Así mesmo, o Concello de Oleiros vaise sumar á Andaina pola ría do Burgo que contra a Violencia de Xénero organizan os nove concellos do Consorcio As Mariñas. A marcha terá lugar o próximo sábado 24 de outubro. A saída está prevista ás 10:30 h desde a Casa das Palmeiras, no Paseo do Temple, en Cambre e seguirá camiño de Oleiros, onde se fará un avituallamento na Fábrica, en Oleiros, para discorrer cara ao Paseo do Burgo, en Culleredo, onde finalizará.

Ademais, dentro do Plan de Igualdade, na liña de participación social e co obxectivo de mellorar a calidade de vida e o benestar das mulleres do Concello de Oleiros, iniciouse un obradoiro do corpo desenvolto nas instalacións do INEF polo grupo de estudos de xénero, actividade física e deporte da Universidade da Coruña. Neste obradoiro, iniciado o pasado 9 de novembro, a través do exercicio físico un grupo de mulleres vai mellorar a súa autoestima e un mellor estado de saúde, tanto a nivel físico como anímico.

Todas estas accións son parte dun amplo conxunto de actuacións que contempla o Plan de Igualdade e que xa están a desenvolverse, principalmente a través da coeducación, o camiño máis eficaz para erradicar a violencia de xénero da nosa sociedade.
 
Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza