Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
NOVAS

O Concello de Oleiros investirá 4,8 millóns en 23 obras

O Goberno municipal aprobará no próximo pleno do 24 de xullo 23 obras e servizos que teñen un custo de 4.829.232 euros. Parte da financiación deste proxectos procede dos 3,8 millóns de superávit cos que conta o Concello de Oleiros do exercicio anterior.

O Concello saca á venda 28 parcelas para a construción de vivendas unifamiliares

O Concello de Oleiros ten á venda 28 parcelas de propiedade municipal que foron adquiridas gratuitamente a través da xestión do planeamento das novas urbanizacións que se foron creando por todo o concello. En concreto, os solares que saen agora á venda están situados en Dorneda (Xaz), Mera (Cividanes, Canide e Punxeiro), Oleiros, Iñás e Perillo, contan con todos os servizos e son para a construción de vivendas unifamiliares.

O mércores inaugúrase un busto de Jose Luis Sampedro no parque que leva o seu nome

O vindeiro mércores 17 de xullo, ás 13:00 horas, terá lugar un acto público no parque José Luis Sampedro no que se inaugurará un busto do humanista. Coa escultura pretende homenaxearse a Sampedro e contribuír a lembrar a súa figura, así como a embelecer o parque e o seu entorno.

O asfaltado da rotonda de Lucín realizarase a noite do domingo

As obras de asfaltado que está a realizar o Concello de Oleiros na avenida Rosalía de Castro, continuarán este domingo pola noite na rotonda de Lucín. Para evitar posibles retencións, o asfaltado da zona da rotonda realizarase entre as 22:00 e as 6:00 horas. En caso de non rematar os traballos, finalizaríanse o luns pola noite, no mesmo horario.

A Xunta pretende duplicar as achegas dos concellos para escolas infantís e centros de día, de exclusiva competencia autonómica

A Xunta de Galicia, sen contar cos concellos, pretende duplicar a achega do 30% que facían os municipios para escolas infantís e centros de día, cando o servizo e as competencias sobre estas instalacións correspóndelle exclusivamente á Consellería. O Concello de Oleiros recorreu esta resolución ante os tribunais.

O Concello estuda denunciar á Xunta de Galicia por posible malversación de fondos públicos na Casa do Mar de Mera

A Xunta de Galicia fixo unha obra na Casa do Mar de Mera, financiada con fondos europeos, para crear un centro de día para persoas maiores. Actualmente, este edificio público atópase infrautilizado, conta con dúas persoas en nómina, e non está a prestar os servizos polos que a Unión Europea subvencionou á Xunta.

Un depredador medioambiental corta catro castiñeiros 'que lle sacaban as vistas' a unha veciña que acababa de comprar un piso en Naval

Catro castiñeiros que levaban dous anos plantados polo Concello de Oleiros nos terreos da zona verde de Naval, na parte superior do Porto de Santa Cruz, foron cortados e, posteriormente, cubertos con sal para evitar que os cepos volveran brotar.

Concertos, danza e circo no III Festival de Artes Escénicas na Rúa

Esta fin de semana celébrase a terceira edición do festival Rúa Ext-cénica nas localidades de Santa Cruz, Santa Cristina e Mera. Haberá 8 espectáculos distintos e variados, dirixidos a todo tipo de gustos e idades.

O Concello de Oleiros lembra a obriga de manter limpas e libres de maleza as fincas

O Concello de Oleiros lembra aos veciños e veciñas do municipio a obriga de manter limpas e libres de maleza as súas propiedades, xa que o incumprimento desta supón unha violación da Ordenanza municipal de limpeza e das leis de ordenación urbanística do medio rural da Xunta de Galicia.

O Concello de Oleiros asina un convenio de colaboración cultural con Abanca e Afundación

O Concello de Oleiros, Abanca e Afundación asinaron esta mañá un convenio de colaboración cultural mediante o cal as tres entidades levarán a cabo a exposición «Unha mirada de antano: Fotografías de Ruth Matilda Anderson en Galicia». Á sinatura asistiron a concelleira de Cultura e Normalización Lingüística, Esther Garrido; o director de Banca Institucional na Coruña de Abanca, José Manuel Vilariño; e a coordinadora da Área de Cultura de Afundación, Marité Cores.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza