Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
NOVAS

As entidades do norte do municipio demandan á Xunta, ao Estado e ás compañías banda ancha

As asociacións de veciños e outras entidades sociais e deportivas de Maianca, Serantes e Dexo dirixíronse por escrito á Xunta de Galicia, ao Ministerio de Industria e ás compañías de telecomunicacións para solicitar o despregamento de fibra óptica nestas localidades. A conexión a internet é un servizo básico e necesario para toda a cidadanía.

Obradoiro de Entroido no Museo Os Oleiros

O Museo Os Oleiros ten aberto o prazo de inscrición para unha nova edición dun obradoiro no que as persoas que participen aprenderán a facer máscaras, así como cornetas ou bucinas para facer barullo no Entroido. A actividade vai dirixida a todos os públicos e ten unha duración de tres xornadas, 1, 8 e 15 de febreiro.

O Concello organiza unha visita guiada á exposición de Luis Seoane, no Museo de Belas Artes

Dentro do programa municipal Oleiros vai de museo, o Concello organiza para o venres 7 de febreiro unha visita guiada ao Museo de Belas Artes da Coruña para coñecer a exposición de Luis Seoane. A actividade é gratuíta e o prazo de inscrición xa está aberto, tendo preferencia para cubrir as prazas as persoas empadroadas en Oleiros.

O concurso de disfraces da Festa do Entroido de Oleiros repartirá 4.700 euros en premios

O venres 28 de febreiro vai festexarse o día grande do Entroido de Oleiros cunha gran festa, a partir das 19:00 horas, na Polideportiva Arsenio Iglesias de Santa Cruz, a carón do colexio Parga Pondal. Nesta festa do Entroido, como é habitual, non faltará o tradicional chocolate con churros, o concurso de disfraces, a espectacular actuación sorpresa a cargo da Compañía Municipal de Teatro e a orquestra Os Satélites, garantía de música, baile e diversión.

O Concello de Oleiros solicita unha reunión urxente coa Xunta para coñecer o estado do plan de transporte

Diversos medios de comunicación recollían esta fin de semana informacións sobre a inmediata contratación de novas concesións nos servizos de transporte público da comarca da Coruña. O Concello de Oleiros presentou diversas alegacións ao primeiro proxecto presentado pola Xunta para mellorar as liñas e as frecuencias actuais, sen recibir ata o momento ningún tipo de comunicación sobre este asunto.

O Concello ofrece 13 espectáculos culturais para os vindeiros meses

A programación cultural do Concello de Oleiros para os meses de inverno e primavera comeza este sábado día 1 de febreiro co concerto de Son Trío no auditorio da Fábrica. Este será o primeiro dos espectáculos culturais previstos ata o mes de maio.

O Concello solicítalle á Xunta a consolidación do carril bici entre Arillo e Lourido

O alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, mantivo esta mañá unha reunión coa conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, para solicitarlle a continuación do carril bici desde o pazo de Arillo ata Lourido. Dado que o Concello de Oleiros xa realizou a construción de todas as beirarrúas entre Mera e Santa Cruz, demanda a colaboración da Xunta para esta actuación por tratarse dunha estrada de titularidade autonómica.

A Deputación rescíndelle o contrato á empresa que está realizando a ampliación da estrada da Besta

A Deputación da Coruña comunicoulle esta mañá ao Concello de Oleiros que o contrato coa adxudicataria da obra de ampliación da estrada da Besta, que conecta o centro de Mera coa vía Ártabra, vai ser rescindido de inmediato. Esta decisión débese a que a obra leva semanas parada e a que a adxudicataria cobrou da Deputación pero non lle pagou á empresa que tiña subcontratada. Ante esta situación, a obra botará sen rematar, polo menos, outros 6 meses.

O sábado comeza a Liga de Judo de Oleiros

O vindeiro sábado 25 de xaneiro, ás 10:30 horas, arranca unha nova edición da Liga de Judo que organiza o Concello de Oleiros en colaboración co Judo Club Oleiros. Participan máis de 450 nenos e nenas en idade escolar de toda Galicia e Asturias, entre eles os judokas de Oleiros.

O Concello de Oleiros concede 270.000 euros en subvencións a 61 entidades do municipio

O Concello aprobou a concesión das subvencións solicitadas polas distintas entidades, asociacións e clubs do municipio sen ánimo de lucro, atendendo ás normas de concorrencia competitiva determinadas nas bases da convocatoria. En total repártense 271.648,40 euros entre 61 entidades. As ANPA e os centros de ensino público reciben, practicamente, a metade das axudas.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza