Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
NOVAS

Os mellores oleiros da península expoñen e venden as súas pezas ata o domingo no parque Luís Seoane

O parque Luís Seoane de Santa Cruz acolleu a inauguración da XXVI edición de Alfaroleiros. O acto contou coa participación de máis dun cento de persoas, así como da presenza do alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, de representantes da Xunta de Galicia e de alcaldes e alcaldesas de varios municipios.

Un único médico en Santa Cruz atende todas as incidencias que se presentan no municipio

O goberno do Concello de Oleiros denuncia a falta de persoal médico nos Centro de Saúde de Oleiros Oleiros, 5 de agosto de 2020.- No día de hoxe, pola mañá, dos catro médicos do cadro de persoal que terían que pasar consulta no Centro de Saúde de Santa Cruz, unicamente está un atendendo a todas as incidencias que se presentan. Isto vén motivado pola recente xubilación de dous dos profesionais e a baixa por ILT de outro. Durante a época estival a poboación en Oleiros triplícase por mor da estadías vacacionais. O Centro de Saúde de Santa Cruz ten un único pediatra para unha poboación de máis de 10.000 habitantes e o Centro de Saúde de Mera, carece deste servizo de pediatría, a pesar de ter unha influencia poboacional que abrangue toda a zona norte do municipio. O PAC de Santa Cruz é o único que presta atención de forma continuada e só dispón dun único médico para o atendemento de forma presencial, as visitas a domicilios e consultas telefónicas para unha poboación de máis de 40.000 habitantes. O Goberno do Concello de Oleiros solicita á Xunta de Galicia que resolva esta situación de inmediato. Dadas as circunstancias actuais é gravísimo o que está acontecer a respecto do atendemento aos pacientes xa que estes profesionais deben prestar atención ao seu cupo, aos desprazados, os seguimentos do Covid e ás posibles derivación dos cupos urxencias da tarde.

Mañá inaugúrase a XXVI edición de Alfaroleiros

O parque Luís Seoane de Santa Cruz acollerá o acto de inauguración da XXVI edición de Alfaroleiros mañá mércores, ás 12:30 horas. O alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, presidirá o acto ao que tamén asistirán representantes da Deputación da Coruña, da Xunta de Galicia e alcaldes e concelleiros de varios municipios.

O alcalde pretende colaborar no desbloqueo dos atrancos entre Xunta e Goberno para a contratación do dragado da ría

O alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, dirixiuse á Xunta de Galicia para que entreguen ao Ministerio de Transición Ecolóxica os certificados reclamados polo Goberno central para a contratación do dragado da ría da Pasaxe. Desta maneira, o Concello de Oleiros pretende desbloquear esta contratación que neste momento está paralizada, malia existir os recursos económicos necesarios.

O mércores comeza a XXVI edición de Alfaroleiros

O parque Luis Seoane de Santa Cruz acollerá, entre os días 5 e 9 de agosto, a XXVI edición de Alfaroleiros.

A rúa Seixo Branco permanecerá cortada de luns a mércores

Durante os días 3, 4 e 5 de agosto permanecerá cortado o tráfico na rúa Seixo Branco. De 08:00 a 20:00 horas non estará permitido acceder nin saír dos garaxes, nin tampouco estacionar ao longo da rúa. Este corte débese aos traballos de pavimentación que está a realizar o Concello de Oleiros. O investimento nesta actuación é de 132.686,93 euros.

Rafael Astor Casalderrey é nomeado fillo adoptivo do Concello de Oleiros

O pleno do Concello, a proposta do Goberno municipal, acordou nomear fillo adopotivo de Oleiros a Rafael Astor Casalderrey. Este é un recoñemento ao seu traballo, dedicación e contribución persoal a prol deste municipio, que excedeu das obrigas propias do seu cargo de enxeñeiro municipal, contribuíndo ao incremento dun prestixioso xa de por si concello.

O Concello seguirá costeando o gasto de comedor escolar do alumnado en risco de exclusión social

O Concello de Oleiros renovou o convenio de colaboración coas ANPAS para colaborar no coste mensual das prazas de comedor escolar nos centros públicos de Oleiros xestionados polas ANPAS e asumir integramente o custo dos nenos e nenas en situación de vulnerabilidade.

O Goberno central segue a demorar a contratación do dragado da ría

O Concello de Oleiros denuncia, unha vez máis, o engano e mentira sobre a contratación do dragado da ría. Esta actuación afecta ao fondo da ría da Pasaxe e inclúe tamén a ampliación dos paseos marítimos que unirá os concellos de Oleiros, Cambre e Culleredo.

Rafael Astor Casalderrey será nomeado fillo adoptivo do Concello de Oleiros

O Goberno municipal aprobará no pleno que se celebra este xoves ás 20 horas na Casa Charry o nomeamento de Rafael Astor Casalderrey como fillo adoptivo de Oleiros. Este é un recoñemento ao seu traballo, dedicación e contribución persoal a prol deste municipio, que excedeu das obrigas propias do seu cargo de enxeñeiro municipal, contribuíndo ao incremento dun prestixioso xa de por si concello.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza