Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
NOVAS

A noite do luns cortarase a N-VI, desde Sol y Mar ata O Seixal, para instalar a segunda das pasarelas peonís

A noite do luns 19 de agosto ao martes 20 de agosto vai efectuarse un corte na circulación na N-VI, entre as 22:00 horas e as 7:00 horas desde a intersección de Sol y Mar ata O Seixal. O tráfico vai desviarse pola avenida Rosalía de Castro e pola Costa da Tapia.

Os índices de criminalidade no Concello de Oleiros mantéñense por debaixo da media da provincia

A subdelegada do Goberno na Coruña, Pilar López-Riobóo Ansorena, e o alcalde de Oleiros, Angel García Seoane, copresidieron esta mañá a reunión da Xunta Local de Seguridade, que celebrou unha sesión ordinaria.

Aberto o prazo de inscrición para a visita guiada á exposición de fotografías de Ruth Matilda Anderson

A sala de exposicións do Castelo de Santa Cruz alberga ata o 31 de agosto a mostra Unha mirada de antano: Fotografías de Ruth Matilda Anderson en Galicia. A exposición recolle en imaxes e en anotacións minuciosas o que atopou Anderson nas súas expedicións en Galicia entre os anos 1924 e 1926.

Os mellores oleiros da península expoñen e venden as súas pezas ata o domingo no parque Luis Seoane

O parque Luís Seoane de Santa Cruz acolleu a inauguración da XXV edición de Alfaroleiros. O acto contou coa participación de máis dun cento de persoas, así como da presenza do alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, de representantes da Deputación da Coruña, da Xunta de Galicia, de alcaldes de varios municipios, representantes de Abanca, o artista Joseba Muruzábal e a protagonista do mural que acaba de rematar na rúa do Repicho, a oleira Lola de Falla.

O Concello agarda que o Ministerio de Fomento licite a obra de Sol y Mar antes de finalizar setembro

Aprobado o proxecto para a construción do túnel en Sol y Mar, o Ministerio de Fomento está en disposición de poder contratar a obra . Os orzamentos do Estado contemplan unha partida de 4 millóns para poder iniciar a obra este ano e rematala nos seguintes exercicios.

Mañá inaugúrase a XXV edición de Alfaroleiros

O parque Luís Seoane de Santa Cruz acollerá o acto de inauguración da XXV edición de Alfaroleiros mañá mércores, ás 12:30 horas. O alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, presidirá o acto ao que tamén asistirán representantes da Deputación da Coruña, da Xunta de Galicia, alcaldes de varios municipios, representantes de Abanca o artista Joseba Muruzábal e a protagonista do mural que acaba de rematar na rúa do Repicho, a oleira Lola de Falla.

Oleiros recibe aos mozos e mozas de Buccino que participan na segunda parte do intercambio cultural

O alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, recibiu no auditorio da Fábrica ao grupo de mozos e mozas italianos da Comuna de Buccino que participan nun intercambio xuvenil con rapaces e rapazas de Oleiros de entre 18 e 30 anos. Os e as oleirenses participantes daranlle aloxamento nas súas vivendas aos rapaces italianos que, hai un ano, os acolleron nas súas casas de Italia.

O mércores comeza a XXV edición de Alfaroleiros

O parque Luis Seoane de Santa Cruz acollerá, entre os días 7 e 11 de agosto, a XXV edición de Alfaroleiros. A feira de olería máis importante de toda España, tal e como a cualifican os profesionais do sector, concentrará un ano máis os mellores oleiros tradicionais da Península Ibérica que destacan por ser únicos nas súas respectivas zonas de procedencia e pola calidade e pureza dos seus traballos.

A noite do mércores cortarase a N-VI, desde Sol y Mar ata O Seixal, para instalar a primeira das pasarelas peonís

A noite do mércores 7 de agosto ao xoves 8 de agosto vai efectuarse un corte na circulación na N-VI, entre as 22:00 horas e as 7:00 horas desde a intersección de Sol y Mar ata O Seixal. O tráfico vai desviarse pola avenida Rosalía de Castro e pola Costa da Tapia.

O venres remata o prazo de presentación de ofertas para as parcelas que vende o Concello

O Concello de Oleiros ten á venda 28 parcelas de propiedade municipal que foron adquiridas gratuitamente a través da xestión do planeamento das novas urbanizacións que se foron creando por todo o concello. En concreto, os solares que están á venda están situados en Dorneda (Xaz), Mera (Cividanes, Canide e Punxeiro), Oleiros, Iñás e Perillo, contan con todos os servizos e son para a construción de vivendas unifamiliares.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza