Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
NOVAS

O alcalde pretende colaborar no desbloqueo dos atrancos entre Xunta e Goberno para a contratación do dragado da ría

O alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, dirixiuse á Xunta de Galicia para que entreguen ao Ministerio de Transición Ecolóxica os certificados reclamados polo Goberno central para a contratación do dragado da ría da Pasaxe. Desta maneira, o Concello de Oleiros pretende desbloquear esta contratación que neste momento está paralizada, malia existir os recursos económicos necesarios.

O mércores comeza a XXVI edición de Alfaroleiros

O parque Luis Seoane de Santa Cruz acollerá, entre os días 5 e 9 de agosto, a XXVI edición de Alfaroleiros.

A rúa Seixo Branco permanecerá cortada de luns a mércores

Durante os días 3, 4 e 5 de agosto permanecerá cortado o tráfico na rúa Seixo Branco. De 08:00 a 20:00 horas non estará permitido acceder nin saír dos garaxes, nin tampouco estacionar ao longo da rúa. Este corte débese aos traballos de pavimentación que está a realizar o Concello de Oleiros. O investimento nesta actuación é de 132.686,93 euros.

Rafael Astor Casalderrey é nomeado fillo adoptivo do Concello de Oleiros

O pleno do Concello, a proposta do Goberno municipal, acordou nomear fillo adopotivo de Oleiros a Rafael Astor Casalderrey. Este é un recoñemento ao seu traballo, dedicación e contribución persoal a prol deste municipio, que excedeu das obrigas propias do seu cargo de enxeñeiro municipal, contribuíndo ao incremento dun prestixioso xa de por si concello.

O Concello seguirá costeando o gasto de comedor escolar do alumnado en risco de exclusión social

O Concello de Oleiros renovou o convenio de colaboración coas ANPAS para colaborar no coste mensual das prazas de comedor escolar nos centros públicos de Oleiros xestionados polas ANPAS e asumir integramente o custo dos nenos e nenas en situación de vulnerabilidade.

O Goberno central segue a demorar a contratación do dragado da ría

O Concello de Oleiros denuncia, unha vez máis, o engano e mentira sobre a contratación do dragado da ría. Esta actuación afecta ao fondo da ría da Pasaxe e inclúe tamén a ampliación dos paseos marítimos que unirá os concellos de Oleiros, Cambre e Culleredo.

Rafael Astor Casalderrey será nomeado fillo adoptivo do Concello de Oleiros

O Goberno municipal aprobará no pleno que se celebra este xoves ás 20 horas na Casa Charry o nomeamento de Rafael Astor Casalderrey como fillo adoptivo de Oleiros. Este é un recoñemento ao seu traballo, dedicación e contribución persoal a prol deste municipio, que excedeu das obrigas propias do seu cargo de enxeñeiro municipal, contribuíndo ao incremento dun prestixioso xa de por si concello.

Quedan prazas vacantes para as actividades e campamentos de verán infantís e xuvenís

Aínda existen algunhas prazas dispoñibles en varias das actividades infantís e xuvenís programadas polo Concello de Oleiros para este verán. As persoas interesadas en coñecer a dispoñibilidade deben dirixirse á Fábrica ou chamar ao 981610000.

Aberto o prazo de inscrición para a viaxe ás Cíes do alumnado de 4º da ESO

O Concello programou unha viaxe dun día ás Illas Cíes para todo o alumando de Oleiros de 4º da ESO dos centros de ensino público. Será a última fin de semana de agosto, con todo incluído, e estará financiada integramente polo Concello, para que ningún mozo ou moza quede sen participar por cuestións económicas.

O Concello inicia a demolición das vivendas da praia de Bastiagueiro Pequeno

O Concello iniciou esta mañá a demolición das casas, galpóns e peches existentes para a inclusión destes terreos no ámbito do parque.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza