Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
NOVAS

A Biblioteca Rialeda acolle a presentación do libro ‘En efecto bolboreta', de Ana Pillado

O mércores 20 de novembro, ás 19:00 horas, a Biblioteca Central Rialeda acollerá a presentación do libro ‘En efecto bolboreta', de Ana Pillado Vega. A presentación correrá a cargo da poeta Pilar Pallarés, actual Premio Nacional de Poesía, e da propia autora, acompañadas da interpretación musical de María Giménez, do grupo Manseliña, que tocará cancións da serea Atlántida, unha das protagonistas da novela.

O Contacontos-obradoiro As Cores chega este domingo a Oleiros

O vindeiro domingo, 24 de novembro, ás 12.00 horas na Casa da República, terá lugar a actividade As Cores, un contacontos-obradoiro para familias con nenas e nenos de 2 a 6 anos. Un espectáculo enmarcado na programación do Apego, que pretende implicar as familias nas dinámicas grupais e onde se fará fincapé na igualdade e no que tamén se introduce a lingua de signos, mais que ten como obxectivo promover a lingua entre as familias.

A andaina contra a violencia de xénero sae o sábado, ás 10:30 horas, da Fábrica

A VIII Andaina contra a Violencia de Xénero, que organizan os concellos que integran o Consorcio das Mariñas e na que colaborará o Club Runnig Oleiros, transcorrerá polo Concello de Oleiros baixo o lema "Ante a violencia de xénero As Mariñas di NON". A saída está prevista para as 10:30 horas do sábado día 23 de novembro, desde o centro cultural A Fábrica de Perillo.

Obradoiro de Nadal no Museo Os Oleiros

Obradoiro de Nadal no Museo Os Oleiros

O Museo Os Oleiros ten aberto o prazo de inscrición para un obradoiro no que as persoas que participen aprenderán a facer colgantes para a árbore, campás, lámpadas... A actividade vai dirixida a todos os públicos e ten unha duración de tres xornadas, 30 de novembro e 14 e 21 de decembro.

O temporal destroza a cuberta da piscina municipal de Perillo, que permanecerá pechada

O temporal que azoutou durante o día de onte o Concello de Oleiros destrozou a cuberta da piscina municipal de Perillo. A instalación permanecerá pechada ata que finalicen as tarefas de reparación.

O domingo proxéctase na Fábrica a película Trote

A proxección de Trote está programada para as 19:30 horas do vindeiro domingo día 17 de novembro, no auditorio da Fábrica. A entrada é gratuíta con invitación, que poderá recollerse desde unha hora antes do inicio do filme.

A compañeira de piso, o sábado no Auditorio Gabriel García Márquez de Mera

A compañía Contraproduccións presenta o sábado ás 20:30 horas no Auditorio Gabriel García Márquez de Mera o seu espectáculo A compañeira de piso. Patricia Vázquez e Rebeca Montero, coa colaboración na voz en off de Xose Barato como fillo de Sharon, forman o elenco desta obra de Jen Silverman, que dirixen Belén Pichel e Cándido Pazó.

O Concello de Oleiros vai impugnar nos tribunais o pleno do Consorcio das Mariñas por incumprir a legalidade

O Concello de Oleiros vai impugnar por vía xudicial o acordo adoptado onte no pleno do Consorcio das Mariñas, dado o incumprimento de diversas leis, entre elas a Lei 40/2015 de 1 de outubro que ditamina a disolución dos consorcios e a súa adscrición ao concello de máis poboación e funcionarios, que neste caso é o de Oleiros. Esa adscrición responsabiliza ao Concello de Oleiros do orzamento e da contabilidade do Consorcio e obrígao a facer unha auditoría anual das contas do organismo.

O Ministerio de Fomento contesta á moción presentada polo alcalde na Deputación sobre Sol y Mar

A Deputación da Coruña comunicou ao deputado e alcalde de Oleiros Ángel García Seoane a contestación do Ministerio de Fomento á moción presentada no pleno do pasado 25 de outubro. Nesa moción, o alcalde reclamaba que a Deputación, como titular da rúa do Areal que enlaza coa N-VI en Sol y Mar, reabrise o tráfico tal e como se atopaba antes das obras do colector da avenida Che Guevara.

O alcalde levanta a acampada de Sol y Mar para atender a seguridade do municipio

O alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, levantou este mediodía a acampada iniciada onte no cruce de Sol y Mar para atender a seguridade do municipio ante o forte temporal que está azoutando o Concello. Antes de desprazarse ata a Casa do Concello, o García Seoane presentouse coa furgoneta na Delegación do Goberno para entregar un escrito reclamándolle ao Ministerio de Fomento a contratación da obra de Sol y Mar este ano.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza