Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
NOVAS

O Concello saca a contratación a construción do carril bici no centro de Arillo

O Concello de Oleiros iniciou o proceso de licitación do tramo de carril bici que transcorrerá polo centro de Arillo, por dentro do Pazo que se atopa nesta zona. A obra ten un custo de 157.205 euros.

A andaiana contra a violencia de xénero sae o sábado, ás 10:30 horas, da Casa das Palmeras de Cambre

A VII Andaina contra a Violencia de Xénero, que organizan os concellos que integran o Consorcio das Mariñas, transcorrerá polo contorno da ría do Burgo baixo o lema "Ante a violencia de xénero As Mariñas di NON". A saída será desde a Casa das Palmeras de Cambre, ás 10:30 horas.

O Banco Solidario de Oleiros realizará unha recollida de produtos de Nadal

O Voluntariado de Oleiros realizará unha recollida solidaria de produtos de Nadal no supermercado Gadis de Bastiagueiro mañá sábado 16 de novembro en horario de 10:00 a 22:00 horas. Distintos equipos de voluntarios e voluntarias, organizados en quendas, recollerán os produtos á vez que informarán sobre as actividades que desenvolve o Voluntariado de Oleiros.

O sábado chega á Fábrica a obra de teatro infantil Asubíos

Este sábado 17 de novembro, ás 18.00 horas, no auditorio da Fábrica a compañía Elefante Elegante presenta Asubíos. Este espectáculo forma parte do Falaredes 2018 da Rede de Dinamización Lingüística da Xunta de Galicia, da que o Concello forma parte a través do seu Servizo de Normalización Lingüística.

O Concello solicita que se restitúa o xiro á esquerda e os semáforos na intersección de Sol y Mar

Ante a falta dun compromiso por parte do Ministerio de Fomento para contratar a obra do túnel de Sol y Mar en 2018, o Concello de Oleiros solicitou á Demarcación de Estradas do Estado en Galicia a restitución de forma inmediata dos xiros á esquerda do cruzamento do Sol y Mar, así como da rede semafórica.

O Concello de Oleiros tarda unha media de 20 días en pagar as súas facturas

O período medio de pagamento do Concello de Oleiros no segundo trimestre do 2018 foi de 20,49 días, cumprindo co prazo de 30 días fixado por lei. O Concello respecta os prazos establecidos polo Ministerio de Facenda para realizar os correspondentes trámites de verificación, conformidade e pagamento das facturas.

O domingo proxéctase na Fábrica a película Manchester fronte ao mar

A proxección de Manchester fronte ao mar está programada para as 19:30 horas do vindeiro domingo día 18 de novembro, no auditorio da Fábrica. A entrada é gratuíta con invitación, que poderá recollerse desde unha hora antes do inicio do filme.

O Grupo Estable de Teatro presenta o sábado no García Márquez o drama Dodo

O Grupo Estable de Teatro do Concello de Oleiros presenta o sábado ás 20:30 horas no Auditorio Gabriel García Márquez de Mera o seu espectáculo Dodo, de creación colectiva e dirixido por Ramiro Neira.

Teatro infantil para promover a reflexión sobre as fronteiras, o mércores nas Torres de Santa Cruz

Pallasos en Rebeldía presenta o mércores ás 18:30 horas no teatro das Torres de Santa Cruz o seu espectáculo O valo. Dirixida por Iván Prado e baseada no texto do mesmo título de Carlos Labraña foi gañadora do Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil.

O Concello contrata as obras de mellora da avenida Rosalía de Castro e do colector da rúa Barcala

O Concello de Oleiros adxudicou dúas importantes obras que se realizarán en Nós e Perillo. O importe total dos dous proxectos contratados ascende a 401.105,38 euros.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza