Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
NOVAS

Oleiros participará na xornada sobre a localización dos ODS que organiza o Fondo Galego de Cooperación

O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade organiza o vindeiro día 31 de maio unha xornada sobre a localización dos Obxectivos do Desenvolvemento Sostible e as políticas públicas municipais de cooperación ao desenvolvemento. O acto celebrarase na Cidade da Cultura de Santiago entre as 9:00 e as 14.00 horas.

O Concello organiza unha excursión a Betanzos o sábado 9 de xuño

O Concello de Oleiros organiza para o sábado 9 de xuño unha excursión a Betanzos con visita guiada polo casco histórico e pola Fundación CIEC, Centro Internacional da Estampa Contemporánea. Ofértanse 50 prazas e a actividade será gratuíta.

O Pazo de Mariñán acolle o xoves unha actividade dirixida ás mulleres que sufriron cancro de mama

Todas as mulleres veciñas de Oleiros que sufriron nalgún momento un cancro de mama están a recibir nas súas casas unha carta invitándoas a participar nunha actividade o vindeiro xoves 24 de maio no Pazo de Mariñán en Bergondo.

O mercado municipal súmase á campaña internacional de promoción dos mercados

O mercado municipal de Perillo participará outro ano máis na campaña internacional de promoción dos mercados que se celebra durante a segunda quincena deste mes en todo o mundo. O acto central terá lugar o vindeiro sábado día 26 e contará con sorteos e actuacións musicais.

Hoxe inaugúrase un novo local municipal en Mera e a cuberta da Lagoa cun concerto de Ses

Hoxe venres día 18 de maio procederase á inauguración do novo local municipal que se atopa no parque da Lagoa e a gran cuberta que foi construída tamén no centro da praza. Para celebralo, haberá un concerto da artistas Ses a partir das 22 horas.

O Concello de Oleiros asinará un convenio coa Xunta de Galicia para reurbanizar unha parte de Rosalía de Castro

O alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, mantivo esta mañá un encontro coa conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, no que acordaron a realización dun convenio para reurbanizar a avenida Rosalía de Castro, desde a rotonda do Lucín ata a ponte da Pasaxe.

O Goberno municipal aprobará no próximo pleno un conxunto de obras valoradas en máis dun millón de euros

O Goberno municipal ten previsto aprobar no próximo pleno municipal, que terá o lugar o día 31 de maio, un conxunto de diversas obras valoradas en 1.162.129,33 euros e que se financiarán con cargo ao superávit económico do exercicio 2017.

A Deputación aproba un conxunto de obras para Oleiros valoradas en máis dun millón de euros

O pleno da Deputación da Coruña, no que participou o alcalde de Oleiros e de deputado provincial Ángel García Seoane, acordou a aprobación das obras do Plan de Obras e Servizos provinciais do 2018 POS+. O Concello de Oleiros recibirá 1.131.578,96 euros para a realización de sete proxectos distintos.

A lei asiste ao Concello de Oleiros no cambio de interventor e secretario no Consorcio das Mariñas

En relación coas declaracións do presidente do Consorcio das Mariñas nas que indica que o Concello de Oleiros está a distorsionar o funcionamento do organismos con imposicións, o Goberno municipal quere aclarar que se alguén está a distorsionar o Consorcio das Mariñas dun tempo a esta parte é o seu presidente. O seu impedimento a que o secretario e o interventor do Concello de Oleiros tomen as rendas da parte administrativa do Consorcio, ao amparo da disolución dos consorcios estipulada na Lei 40/2015 de 1 de outubro que os adscribe ao concello de máis poboación e de máis funcionarios, provoca unha situación totalmente irregular e ilegal.

Paco Nogueiras chega a Oleiros co concerto Radio Bulebule este domingo

O Servizo de Normalización Lingüística organizou para o vindeiro domingo, 20 de maio, ás 12.30 horas na Fábrica, un concerto de Paco Nogueiras dentro do programa Apego. Neste espectáculo Paco Nogueiras convídavos a vivir a radio en directo nun divertidísimo programa cheo de humor, baile e cancións no que hai de todo: deportes, servizos informativos, o tempo, axenda cultural.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza