Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
NOVAS

O Concello de Oleiros dixitaliza o rexistro

O Concello de Oleiros procedeu no día de hoxe á implantar a tecnoloxía que permitirá dixitalizar o rexistro municipal, tanto de entrada como de saída. A partir de agora, os documentos que presenten os cidadáns ante a administración local quedarán dixitalizados, podendo conservar os orixinais os veciños e veciñas.

Rosa Cedrón actúa o sábado na Fábrica

Rosa Cedrón actúa o sábado na Fábrica

Rosa Cedrón ofrece este sábado ás 20:30 horas un concerto no auditorio do centro cultural A Fábrica, en Perillo. As entradas estarán á venda desde unha hora antes do inicio do espectáculo a un prezo de 3,50 euros.

O Concello organiza un campamento en Semana Santa para nenas e nenos

Un ano máis o Concello de Oleiros organiza o Campa Escola. Este campamento desenvolverase os días 26, 27 e 28 de marzo en horario de 09:00 a 14:00 horas no CEIP Ramón María del Valle Inclán, CEIP A Rabadeira e CEIP Isidro Parga Pondal, e vai destinado a nenos e nenas nados entre o ano 2006 e 2014.

O Entroido do Concello de Oleiros critica cunha comedia moi ácida aos políticos máis destacados do panorama nacional e internacional

A "Compañía Municipal de Teatro", que encabezou un ano máis o alcalde Ángel García Seoane, realizou unha gala de entrega dos Premios Óscar cargada de humor e de denuncia das actuacións e comportamentos dalgúns dirixentes políticos.

O Concello de Oleiros consegue que Telefónica retire os postes do carril bici de Santa Cruz a Arillo

O Concello de Oleiros acadou un acordo coa compañía Telefónica para que retire os postes da súa propiedade que se atopan no medio do carril bici, desde Santa Cruz ata Arillo. Nos vindeiros días a empresa procederá a resitualos para poder rematar a obra.

Todas as bibliotecas municipais acollerán unha exposición de libros infantís, xuvenís, poemarios e obras de coñecementos

A partir do luns 19 de febreiro e ata o 31 de maio desenvolverase nas bibliotecas municipais de Oleiros unha exposición itinerante de 80 libros infantís e xuvenís publicados pola editorial Kalandraka. Trátase de obras clásicas da literatura infantil e xuvenil, entre as que destacan títulos como O coelliño branco, A cebra Camila, A que sabe a lúa?, A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza, Artur e Clementina, Contos por teléfono, Crocodilo namorado, A historia do touro Ferdinando, Frederick, O homiño vestido de gris e outros contos, Os tres bandidos, Onde viven os monstros ou Rosa Caramelo.

O Concello celebra o Día da Lingua Materna coa entrega de premios do Premio Literario Descubrindo Oleiros e coa proxección da película A palabra xusta

O vindeiro 21 de febreiro, Día Internacional da Lingua Materna, ás 19.30 horas o Servizo de Normalización Lingüística entregará os premios do IV Premio Literario Descubrindo Oleiros.

A Festa do Entroido celébrase mañá a partir das 19:00 h

Mañá venres 16 de febreiro celébrase a Festa do Entroido que organiza o Concello de Oleiros a partir das 19:00 horas na Polideportiva Arsenio Iglesias de Santa Cruz, a carón do colexio Parga Pondal. Non faltará a tradicional chocolatada, o concurso de disfraces, a espectacular actuación sorpresa a cargo da "Compañía Municipal de Teatro" e a música da orquestra Os Satélites, garantía de baile e diversión.

O Concello organiza unha excursión para percorrer o tramo do Camiño de Santiago entre Arzúa e Arca

O Concello de Oleiros organiza para o sábado 3 de marzo unha ruta de interpretación ambiental e cultural polo Camiño de Santiago, no tramo que vai desde Arzúa ata Arca, no concello do Pino. O prazo de inscrición xa está aberto e ofértanse un total de 40 prazas, tendo preferencia as persoas empadroadas no Concello de Oleiros.

Vita Ivaskevica ofrece un concerto na Fábrica o sábado pola tarde

Vita Ivaskevica ofrece este sábado ás 20:30 horas un concerto no auditorio do centro cultural A Fábrica, en Perillo. As entradas estarán á venda desde unha hora antes do inicio do espectáculo a un prezo de 2,50 euros.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza