Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:40, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.50 na SER
 
NOVAS

A costa libre de Oleiros declarada novamente sendeiro azul europeo

O Concello de Oleiros volverá recibir o galardón que recoñece a costa do municipio como sendeiro azul europeo. O elevado número de quilómetros de paseos e sendeiros existentes a carón do mar ao longo de todo o litoral fai posible este importante recoñecemento.

Juan Fariña presentará o xoves en Casa Charry O que foi, a súa nova novela

Algunhas personaxes recoñecidas do franquismo patrio (Carmen Polo, Pedro Barrié ou Arias Navarro) desfilan polo Portomarín de antes do asolagamento en O que foi, a nova novela de Juan Fariña, escritor e concelleiro en Bergondo. O acto de presentación en Oleiros será o vindeiro xoves 2 de febreiro na Casa Charry, ás 19 horas. Con esta obra Fariña volve á narrativa tras As cartas de Abel, na que explora a historia galega e española dos últimos 80 anos.

As denuncias públicas forzan a apertura do Pazo de Meirás aos escolares

As denuncias públicas realizadas polo Concello de Oleiros, a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica e outras entidades sobre o peche do Pazo de Meirás aos escolares de toda Galicia forzaron ao Goberno tránsfuga de Sada a cumprir coas súas obrigas coa cidadanía e permitir as visitas dos centros de ensino de Oleiros.

A próxima semana comeza Móvete+, o programa de actividade física dirixido a mulleres que padecen ou superaron enfermidades oncolóxicas

Móvete+ é un programa de actividade física que busca contribuír a mellorar a calidade de vida das mulleres que están nalgún proceso oncolóxico ou que xa o pasaron, dirixida a reducir os efectos secundarios dos tratamentos recibidos e que poderían cronificarse.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza