Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
NOVAS

« Atrás

As persoas voluntarias coñecen presencialmente ás persoas ás que chaman por teléfono

 Oleiros, 3 de decembro de 2021-. O Concello de Oleiros, con motivo do Día Internacional do Voluntariado que se celebra este domingo, organizou un café coloquio na casa do pobo de Nós entre as persoas do voluntariado de Oleiros que participaron no “Proxecto Falamos” e as persoas  que recibiron as chamadas durante a pandemia. Foi un encontro moi emotivo por coñecerse fisicamente, despois de moitos meses de contactos telefónicos.

“Falamos” é un programa de acompañamento telefónico para persoas que están incluídas no Programa municipal de Educación Familiar. As persoas voluntarias, realizan chamadas telefónicas periódicas, co obxectivo de manter unha conversa amena, ao mesmo tempo que  se cumpre o obxectivo de paliar a soidade e a ausencia de interacción social.

A situación vivida coa COVID-19 afectou, en maior ou en menor medida, á vida das  persoas. Os confinamentos, as restricións sociais e as situacións de incerteza tiveron consecuencias negativas, en moitos ámbitos das nosas vidas; saúde mental, rede de apoio... Por estes e outro motivos, comezamos a  implementar o programa en decembro de 2020.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza