Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
NOVAS

A Escola Municipal de Danza acollerá un obradoiro de hip-hop aberto a toda a veciñanza

O Concello de Oleiros oferta un obradoiro de hip-hop que terá lugar na Escola Municipal de Danza o día 29 de abril ás 11:30 horas. Todas as persoas maiores de 9 anos que o desexen poden apuntarse a partir do vindeiro luns día 3 na secretaría da escola, en horario de 16:00 a 20:00 horas.

A comedia sobre as dúas Marías compostelás chega o sábado ao Auditorio de Mera

A compañía ButacaZero presenta o sábado ás 20:30 horas no Auditorio Gabriel García Márquez de Mera o seu espectáculo Voaxa e Carmín, escrito por Esther F. Carrodeguas e dirixido por Xavier Castiñeira. Mabel Rivera e Belén Constenla protagonizan esta obra de teatro.

O Concello de Oleiros contratará catro auxiliares de policía

O Concello de Oleiros fixo pública a convocatoria para a contratación laboral temporal de catro auxiliares da Policía local. As persoas que desexen optar a estas prazas deberán estar en posesión da titulación que lles sexa esixible para o acceso aos funcionarios do subgrupo C2.

A piques de esgotarse as prazas para viaxar a Valencia en Semana en Santa

As prazas da excursión que organiza o Concello de Oleiros a Valencia en Semana Santa están a piques de esgotarse. Todas aquelas persoas interesadas maiores de 18 anos poderán informarse e inscribirse persoalmente no Departamento de Cultura (A Fábrica), no teléfono 981 610 000 (extensións 4915 e 4916), ou nos enderezos electrónicos: cultura@oleiros.org e r.caparros@oleiros.org.

O Concello de Oleiros celebrará o día do libro con numerosas actividades nas bibliotecas municipais

A partir de mañá, as bibliotecas municipais de Oleiros acollerán múltiples actividades dirixidas a conmemorar o día do libro. Contacontos infantís, obradoiros de diversas temáticas para nenos e nenas, exposicións, lecturas en voz alta.

O Concello de Oleiros levará aos tribunais a Gas Natural Fenosa por cortar 28 árbores sen autorización nun parque municipal

O Concello de Oleiros levará aos tribunais a salvaxe corta realizada por unha empresa que traballa para Gas Natural Fenosa no parque municipal existente xunto ao cemiterio de Liáns. Malia non contar cos permisos pertinentes e facer caso omiso aos requirimentos municipais, foron eliminadas totalmente 28 árbores nunha área duns 2.000 metros cadrados.

Oleiros reclama xustiza e paz no Día da Terra Palestina

O embaixador Palestino en España, Musa Amer Odeh, o alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, a artista Najla Shami, o alumnado do IES María Casares e máis dun cento de veciños e veciñas participaron esta mañá no acto de celebración do Día da Terra Palestina que organizou o Concello de Oleiros na praza de Belén.

O domingo proxéctase na Fábrica a película O descoñecido

O ciclo "Un Oleiros de cine" continúa este domingo coa película O descoñecido. A proxección está prevista para as 19:30 horas no auditorio da Fábrica. A entrada é gratuíta con invitación, que poderán recollerse desde unha hora antes do inicio do filme.

A compañía Kulunka presenta a obra Solitudes o sábado no auditorio de Mera

A compañía Kulunka Teatro presenta o sábado ás 20:30 horas no Auditorio Gabriel García Márquez de Mera o seu espectáculo Solitudes, escrito por Garbiñe Insausti, José Dault, Iñaki Rikarte, Rolando San Martín e Edu Cárcamo e dirixido por Iñaki Rikarte. Garbiñe Insausti, José Dault e Edu Cárcamo forman o elenco desta obra de teatro.

O Concello celebra mañá O Día da Terra Palestina cun acto público en Canide

O Concello de Oleiros ten convocado para mañá ás 12:00 horas un acto público con motivo do Día da Terra Palestina. Está previsto que interveñan o embaixador Palestino, Musa Amer Odeh, o alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, o alumnado do IES María Casares e a artista Najla Shami.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza