Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
NOVAS

« Atrás

O luns abre o prazo de inscrición para o Concurso de disfraces do Entroido municipal

Oleiros, 20 de xaneiro de 2018-. O vindeiro luns 22 de xaneiro abre o prazo de inscrición para o tradicional concurso de disfraces da festa de Entroido que organiza o Concello de Oleiros. O evento, que será o venres 16 de febreiro, despois do Martes de Entroido e xusto o día anterior ao Sábado de Piñata, é un clásico na comarca nestas datas debido á elevada participación.

Repartiranse preto de 4.000 euros en premios entre dúas categorías: grupos e individuais-parellas. Este ano as parellas competirán na categoría de individuais, xa que son poucas, adoitan ter unha temática común e así terán tamén maiores oportunidades.

En grupos o primeiro premio é de 1.000 euros, o segundo de 700, haberá dous terceiros de 400 e un accésit de 400. En individual-parellas o gañador levará 300 euros, o segundo 200, os dous terceiros 100 e haberá dous accésits de 100 euros.

As inscricións poderán realizarse por correo electrónico, enviando ao enderezo e.rodriguez@oleiros.org a folla de inscrición que poderá descargarse na páxina web municipal, a través do teléfono  981 610 000 ou acudindo ás oficinas de Servizos Sociais na rúa Camilo Díaz Baliño. Igualmente o mesmo día da festa, poderá solicitarse a participación no concurso na propia polideportiva Arsenio Iglesias de Santa Cruz, entre as 19:00  e as  19:30 horas.

BASES CONCURSO

FOLLAS DE INSCRICIÓN

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza