Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
NOVAS

O Concello de Oleiros agarda que o Ministerio de Fomento contrate a obra de Sol y Mar en 2018

O Concello de Oleiros congratúlase de que por fin se aprobe o segundo proxecto para realizar a obra de Sol y Mar que leva demandando durante tantos anos o Goberno municipal, o cal conseguiu os terreos necesarios para a realización deste proxecto grazas ás cesións de particulares ao Concello. A alegría é parcial e non será total ata o momento no que unha vez rematado o período de exposición ao público do proxecto o Ministerio de Fomento contrate a obra en 2018.

O Goberno municipal aproba as obras a incluír no Plan POS+ da Deputación

O pleno municipal extraordinario celebrado na Casa Charry aprobou por unanimidade as obras que o Goberno municipal decidiu incluír no Plan POS+ da Deputación da Coruña. Os proxectos ascenden no seu conxunto á cantidade de 1.317.136,42 euros, dos que a Deputación financia 913.394,48 euros.

As entidades deportivas de Oleiros reciben outros 25.000 euros da Deputación da Coruña en subvencións

A Deputación da Coruña publicou no Boletín Oficial da Provincia as subvencións ás entidades deportivas para participación en competicións nacionais e internacionais e para a adquisición de infraestruturas e equipamento deportivo. Nestas dúas convocatorias, os clubs de Oleiros recibiron un total de 25.858,33 euros.

María Míguez presenta a súa obra A Trazos na Biblioteca Ánxel Fole de Nós

O vindeiro venres día 15, ás 19:00 horas, preséntase o libro A trazos de María Míguez na Biblioteca Ánxel Fole de Nós. O poemario, publicado pola editorial Piediciones, é un libro que mestura lírica e ilustracións.

O mércores cortarase a auga dúas horas en Nós e Iñás, entre as 10 e as 12 da mañá

Debido ás obras de renovación da rede de abastecemento de auga nas localidades de Nós e Iñás, o vindeiro mércores día 20 de decembro será preciso realizar un corte no subministro de dúas horas, entre as 10 e as 12 da mañá. Durante ese tempo realizarase a conexión da nova rede que está instalándose entre Sarro e a Rúa Fontes.

Todas as corais do municipio participan o domingo no tradicional Concerto de Nadal

O domingo ás 19:30 horas celébrase o Concerto de Nadal de Corais do municipio no Auditorio Gabriel García Márquez de Mera. A Coral Polifónica de Mera, a Coral Polifónica Airiños de Nós, a Coral Polifónica Lembranzas de Santa Cruz, o Coro Tradicional Dorna e o Coro de Oleiros interpretarán diversas panxoliñas e unha última peza conxunta. Ademais, o Coro de Voces Brancas da Escola Municipal de Música abrirá a xornada.

O Goberno municipal aprobará no pleno un conxunto de obras importantes que supera os 1,3 millóns de euros

Mañá ás 13:00 horas celébrase un pleno municipal extraordinario na Casa Charry para aprobar as obras que o Concello de Oleiros vai incluír no Plan POS+ da Deputación da Coruña. Os proxectos ascenden no seu conxunto á cantidade de 1.317.136,42 euros, dos que a Deputación financia 913.394,48 euros.

O Club Voleibol Oleiros organiza un concurso para escoller o logo do seu décimo aniversario

O Club Voleibol Oleiros está a levar a cabo un concurso de logos para escoller o anagrama conmemorativo do seu décimo aniversario. As persoas interesadas en participar poden facelo ata o día 22 de decembro.

Papa Noel visitará o sábado o Mercado Municipal de Perillo

Papá Noel estará o vindeiro sábado día 16 de visita no Mercado Municipal, en Perillo. O encargado de traer os agasallos de nadal aos nenos e nenas desprazarase ata este recinto comercial con motivo da festa de Nadal que celebrarán os praceiros.

As entidades deportivas de Oleiros reciben 40.000 euros da Deputación en subvencións para a súa actividade ordinaria

A Deputación da Coruña publicou nos últimos días no Boletín Oficial da Provincia as subvencións ás entidades deportivas para o desenvolvemento da súa actividade durante o ano 2017. Os clubs de Oleiros recibiron un total de 39.971 euros.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza