Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:40, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.50 na SER
 
NOVAS

« Atrás

Comeza a instalación da área de calistenia no Parque As Trece Rosas

 Oleiros, 25 de novembro de 2022-. O Concello está a crear un circuíto de calistenia no Parque As Trece Rosas que servirá para a práctica do deporte ao aire libre. Atópase preto do pequeno montículo empedrado que fai de miradoiro sobre a ría.

O conxunto da instalación está composto por 4 estruturas distintas, que ocupan un espazo duns 18x10 metros, cunha base escavada delimitada por travesas de madeira. O custo desta instalación é de 30.000 euros.
 
Este tipo de espazos son moi axeitados para practicar deporte utilizando sobre todo o propio peso corporal, de tal xeito que resulta un interesante complemento á carreira a pé ou a calquera outra actividade deportiva ao aire libre, especialmente interesante nun espazo de grande uso deportivo como é este parque.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza