Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:40, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.50 na SER
 
NOVAS

« Atrás

A violencia de xénero mata, que é o que non entendes?

Desde o 1 de xaneiro deste ano ata hoxe, foron asasinadas en España por violencia de xénero 37 mulleres, 1 167 desde 2003, cando se comezou a levar rexistro. Mulleres con nomes, apelidos, traballos, familias, historias, vidas. Mulleres de todas as idades, xeracións, clases sociais, orixes, crenzas...mulleres moi diferentes entre si, pero cuxas vidas foron arrebatadas por unha mesma causa: a violencia de xénero. Non, a violencia contra as mulleres non entende de distincións. E si, esta é a cara máis horrible e desesperanzadora da violencia de xénero, pero todos os días se producen situacións de violencia cara as mulleres: 1 de cada 2 mulleres en España recoñecen ter sufrido algún tipo de violencia de xénero ao longo das súas vidas. Si, a violencia contra as mulleres é unha das violacións dos Dereitos Humanos máis estendidas, persistentes e devastadoras. 

É por isto que este 25 de Novembro, Día Internacional pola eliminación da violencia contra as mulleres, coa xustiza na boca berraremos ben alto coas mans “Basta!”. Precisamos tecer redes e desmontar violencias. Porque si, se tocan a unha, estannos tocando a todas. Pero para isto, cómpre entender que:
¿ Seguimos a vivir nunha sociedade patriarcal que coloca ás mulleres nunha posición de desigualdade, de inferioridade, de subordinación. 
 
¿ A violencia que se exerce contra as mulleres é a máxima expresión da desigualdade, resultado directo dun fenómeno que segue a ser fondamente estrutural e universal: a violencia de xénero. 
 
¿ Unha agresión non é un feito puntual, senón unha expresión máis desta violencia e estrutura patriarcal contra todas as mulleres, contra toda a sociedade. E é que, en calquera parte do mundo, nacer muller implica directamente un maior risco de sufrir violencia física, moral, emocional, psicolóxica, social, laboral, educativa, sexual... Non, non é aceptable vivir nun mundo que nos violenta. 
 
¿ A violencia contra as mulleres é un fenómeno global que require, sen medias tintas, do compromiso conxunto de toda a sociedade, administracións, institucións e organismos, desde onde continuar promovendo e implementando accións lexislativas e sociais que introduzan cambios nos modelos culturais e educativos, desde onde  velar polo respecto aos Dereitos Humanos, as liberdades fundamentais e a igualdade de trato e oportunidades.
 
¿ Combater a violencia de xénero desde a súa orixe require educar en igualdade, si, é a mellor ferramenta. Pero tamén precisa que cada un e unha de nós asuma o compromiso de rexeitar a violencia e a todos aqueles que a exercen. Os agresores deben saber que non van contar nunca coa nosa complicidade. Non! Polas que xa non están, e para que ningunha vida máis nos sexa interrompida, asumamos o noso papel. Na nosa man está condenar os machismos, desenmascarar a misoxinia, reivindicar a igualdade. 
 
¿ O apoio por parte de amizades, familiares, profesorado, veciñanza…sociedade é fundamental para frear as situacións de violencia. Tecer redes de apoio é vital para desmontar as violencias. E si, a rede tamén es ti. Co teu apoio, o teu compromiso, o teu coidado, a túa denuncia, es parte da rede de actuación. Á túa nai, irmá, veciña, compañeira de traballo, usuaria, clienta, amiga... faille saber que en ti hai rede, comprensión, apoio, entendemento, empatía, coidado. Faille saber que non está soa, que hai saída. Tan só así perderemos o medo a sinalar, a denunciar a quen nos agride, desprazando a “culpa”, a “vergoña” e o “estigma” sobre quen debe estar: os agresores. Non, non nos imos culpabilizar polas violencias que sufrimos. Non, non as buscamos. Non, non as pedimos. Non, non hai nada que as xustifique. Non!
 
¿ Vós, homes, tedes que implicarvos. Isto non é unha cousa de mulleres! Cada chiste machista, comentario sobre os nosos corpos, prexuízo, estereotipo sexista... sinaládeo, condenádeo, desmontádeo, non o xustifiquedes, non lle restedes importancia. Deixade de intimidarnos, oprimirnos, acosarnos, silenciarnos, insultarnos, invisibilizarnos, maltratarnos, violarnos, asasinarnos. 
 
¿ Tan so un si é un si, e non é negociable. Pero, para isto, tamén precisamos que o sistema xudicial deixe de ser patriarcal, deixe de reproducir o sexismo nas súas sentencias que nos sinalan e restan responsabilidade sobre quen nos violenta: os agresores. 
 
¿ É labor das institucións e os gobernos locais reforzar todos os mecanismos de prevención, detección, actuación, apoio e protección. É por isto que desde o Concello de Oleiros seguimos, e seguiremos, traballando na prevención da violencia contra as mulleres, o acoso sexual e por razón de sexo, as agresións sexuais, a violencia psicolóxica...sobre todo tipo de violencia e discriminación. Non, non cesarán os nosos esforzos nesta loita. Continuaremos a traballar en prol da igualdade e contra a violencia de xénero. 
 
¿ É o noso compromiso. É a nosa responsabilidade. 
Por ti, por min, por elas, por nós. 

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza