Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
NOVAS

« Atrás

O Goberno municipal aprobará no pleno un conxunto de obras importantes que supera os 1,3 millóns de euros

Oleiros, 13 de decembro de 2017-. Mañá ás 13:00 horas celébrase un pleno municipal extraordinario na Casa Charry para aprobar as obras que o Concello de Oleiros vai incluír no Plan POS+ da Deputación da Coruña. Os proxectos ascenden no seu conxunto á cantidade de 1.317.136,42 euros, dos que a Deputación financia 913.394,48 euros.

O Goberno municipal decidiu incluír neste plan a reurbanización completa da avenida Rosalía de Castro, desde a Biblioteca Central Rialeda ata a ponte da pasaxe; a construción dunha cuberta na pista polideportiva da casa do pobo de Dorneda; a pavimentación da estrada que conecta Cambre con Oleiros na zona da Seara; o asfaltado das rúas das urbanizacións O Xunqueiro e O Valiño; a renovación do bombeo das pedras, que prové de auga a toda a localidade de Oleiros; e unha nova rede de abastecemento de auga na rúa do Pombal, en Perillo, xa que a actual ten 40 anos e está obsoleta. Estas obras, que deberían ser aprobadas na Deputación no mes de marzo, poderían comezar antes do verán.

Ademais, o pleno tamén decidirá sobre a modificación puntual nº4 do PXOM que afecta ao cambio de uso dunha parcela da Xunta de Galicia na Urbanización Mesón da Auga.
 
Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza