Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
NOVAS

O Concello de Oleiros retira 6 niños de avespa velutina que se atopaban moi elevados

O Concello de Oleiros segue a traballar intensamente para combater a invasión da avespa asiática. O Servizo Municipal de Emerxencias, coa colaboración dos bombeiros do Concello da Coruña, retirou no día de onte 6 niños que se atopaban a máis de 20 metros de altura en diferentes zonas do municipio.

O Concello de Oleiros convoca unha concentración ante a Delegación do Goberno o 13 de xaneiro para demandar a contratación das obras nos accesos á cidade

O Goberno municipal decidiu convocar a todos os cidadáns concienciados, á marxe de credos e relixións, a participar nunha concentración diante da Delegación do Goberno –praza de Ourense-.

Mañá abre o prazo de preinscrición para participar no programa de viaxes á neve da Deputación

Entre o 2 e o 5 de febreiro a Deputación da Coruña organizará unha viaxe a Cabeza de Manzaneda para nenos e nenas de entre 11 e 15 anos. Para poder participar, as persoas interesadas deberán preinscribirse na Fábrica entre mañá mércores e o día 16 de xaneiro.

O alcalde de Oleiros diríxese aos seu homólogos da comarca para que se sumen á concentración do sábado

O alcalde de Oleiros dirixiuse por carta aos seus homólogos da comarca da Coruña para informalos e convidalos a participar na concentración convocada para este sábado ás 12:30 h. ante a Delegación do Goberno na que se lle demandará ao Goberno a urxente contratación das obras de mellora dos accesos á cidade.

O martes abre o prazo para solicitar praza nas actividades de encaixe, artesanía téxtil, manualidades e acuarela

Do 2 ao 4 de xaneiro estará aberto o prazo para solicitar as prazas vacantes nas distintas actividades ocupacionais organizadas polo Concello de Oleiros. As inscricións poderán realizarse a través da sede electrónica da web municipal, no apartado trámites on line dentro da carpeta de Cidadáns/Empresas, ou ben nas propias oficinas de Servizos Sociais a partir das 10:00 horas do día 2 de xaneiro ata o 4 de xaneiro.

O Concello de Oleiros concede 261.334,88 euros en subvencións a 63 entidades do municipio

A Xunta de Goberno local aprobou a concesión das subvencións solicitadas polas distintas entidades, asociacións e clubs do municipio sen ánimo de lucro, atendendo ás normas de concorrencia competitiva determinadas nas bases da convocatoria. En total repártense 261.334,88 euros entre 63 entidades.

O Concello de Oleiros subvenciona con 33.178 euros ao alumnado que usa o comedor escolar

O Concello de Oleiros, para axudar á conciliación familiar, resolveu as subvencións municipais destinadas aos alumnos e alumnas dos centros de ensino público que utilizan os comedores escolares xestionados polas ANPAS. En total repartiranse 33.178 euros en axudas dirixidas a 83 nenos.

O pleno municipal aproba definitivamente a actualización das ordenanzas fiscais

O pleno municipal extraordinario do Concello de Oleiros que tivo lugar esta mañá aprobou definitivamente diversas ordenanzas fiscais para actualizar as taxas aos incrementos do IPC. O grupo municipal socialista, que presentou varias alegacións, votou en contra das súas propias propostas.

Marian Ledesma ofrece un concerto na Fábrica

A artista Marian Ledesma presenta mañá sábado, ás 18:30 horas no auditorio do centro cultural A Fábrica, o seu espectáculo Música de contos. Cancións con ensinanza que nos levan a Oz. A entrada a este espectáculo é gratuíta.

As escolas municipais de Música e Danza celebran esta semana os seus festivais de Nadal

Os vindeiros días 20, 21 e 22 de decembro o auditorio Gabriel García Márquez de Mera acollerá as actuacións das escolas municipais de Música e Danza do Concello de Oleiros. Será un grande espectáculo cultural no que se poderá comprobar, unha vez máis, a extraordinaria capacidade artística dos máis de 700 alumnos e alumnas que forman estas escolas públicas.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza