Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
NOVAS

« Atrás

O sábado 25 de setembro arranca a programación cultural de outono en Oleiros co espectáculo da danza/teatro "JoeJufy, The Hunter" da compañía Tirabeque Teatro

 Oleiros, 21 de setembro de 2021-. O 25 de setembro comeza a programación cultural de outono proposta polo Departamento de Cultura do Concello de Oleiros.

O Departamento de Cultura arranca a programación cultural para o segundo semestre de 2021 o vindeiro sábado 25 de setembro no Auditorio Gabriel García Márquez. O espectáculo de danza/teatro JoeJufy, The Hunter, da compañía Tirabeque Teatro, será o primeiro dun programa que ofrecerá máis dunha ducia de espectáculos durante o outono.
 
 O Auditorio Gabriel García Márquez programará trece espectáculos entre os meses de setembro e decembro. A programación teatral mesturará espectáculos de teatro e danza, pasando compañías como Producións teatrais excéntricas, A Formiga Producións, Os Náufragos Teatro, A Quintana Teatro, Marta Alonso Tejada, Javier Martín, Teatro do Noroeste, O Centro Dramático Galego ou Teatro do Atlántico. 
A programación conta coa colaboración da Rede Galega de Teatros e Auditorios da AGADIC e da Rede Cultural da Deputación da Coruña.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza