Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
NOVAS

« Atrás

A Tarxeta Xente Nova (TXN) de Transportes de Galicia permite realizar ata 60 viaxes interurbanas gratis a mozas e mozos de 4 a 20 anos

Oleiros, 20 de setembro de 2021-. A Tarxeta Xente Nova (TXN) é a tarxeta de Transporte de Galicia que permite realizar cada mes ata 60 viaxes interurbanas gratis por toda a comunidade.

A Tarxeta Xente Nova (TXN) é a tarxeta de Transporte de Galicia que permite realizar cada mes ata 60 viaxes interurbanas gratis por toda a comunidade. Está destinada a mozas e mozos de entre 4 e 20 anos, permitíndolles viaxar de maneira gratuita no transporte público interurbano que depende da Xunta de Galicia, sexa cal sexa a súa orixe ou destino.

Coa Tarxeta Xente Nova saen gratis as viaxes interurbanas no transporte público da Comunidade Autónoma de Galicia, calquera que sexa a súa orixe e destino. Ademais, tamén poderás viaxar gratuitamente nos barcos dos servizos Cangas – Vigo e Moaña – Vigo, así como no tren metropolitano en Ferrol. 

Como conseguila?

1. A TXN é expedida por ABANCA nunha serie de oficinas espalladas ao longo do territorio e en https://solicitudonline.abanca.com/Tarjetas/gl/txn.

2. Ao facilitar os datos que se solicitan xerarase unha cita na o¿cina Abanca seleccionada. Non é necesario dispoñer dunha conta asociada.

3. Á oficina de ABANCA seleccionada só deberás levar o teu DNI. Lembra que, se aínda non cumpriches os 18 anos, deberá solicitala o teu representante legal, que, xunto co teu DNI, terá que levar o seu DNI e o libro de familia ou documentos equivalentes. A tarxeta é gratuíta.

4. Cómpre cargar a tarxeta antes de viaxar con ela.

O Concello de Oleiros anima á mocidade a que soliciten e utilicen esta tarxeta transporte nos seus desprazamentos interurbanos.

Máis información en https://www.bus.gal/gl/xente-nova.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza