| NOVAS « Atrás Inminente contratación do tramo de beirarrúas pendente en ArilloOleiros, 21 de xaneiro de 2022-. A vindeira semana o Concello abrirá a licitación da obra da última fase do carril bici e das beirarrúas en Arillo, na estrada que vai de Santa Cruz a Mera. Esta obra ten un custo de 209.897,28 euros, que cofinancia a Xunta de Galicia nun 90% por tratarse dunha estrada autonómica. O espazo que se vai ampliar e ordenar parte desde onde rematan as beirarrúas no Pazo de Arillo ata a confluencia co camiño que vai ao cemiterio de Maianca. Ademais vaise conectar a beirarrúa da urbanización Rialta coa senda interior do Pazo. “Esta obra vai ser unha realidade próxima. Estivemos dándolle a tabarra constantemente á Xunta para que o fixeran porque é unha estrada súa. Non quixeron e finalmente imos facelo nós, pero a Xunta pon o 90% dos cartos”, comentou o alcalde Ángel García Seoane. O Concello de Oleiros agradece ás persoas propietarias dos terreos a súa cesión para a realización desta importante obra de mellora da seguridade viaria. |