| NOVAS « Atrás Autobús gratuíto para asistir en Santiago á última obra do Centro Dramático GalegoOleiros, 20 de xaneiro de 2022-. O venres 11 de febreiro un autobús gratuíto sairá da Fábrica para asistir á representación da obra A Peste no Salón Teatro, en Santiago de Compostela. A saída está programada para as 18.00 horas e o regreso sobre as 23.00 horas. Aínda que o desprazamento é gratuíto, a entrada ao espectáculo ten un custo de 6 euros. Para apuntarse será necesario reservar praza na web municipal. As prazas son limitadas e terán preferencia as persoas empadroadas no Concello de Oleiros. A Peste é unha versión teatral de Cándido Pazó, inspirada na obra de Albert Camus, coa que reflexionar sobre o comportamento da sociedade e dos individuos durante situacións de crise. Sobre as táboas poderanse ver rostros de ampla traxectoria, como Nacho Castaño, quen asume o papel protagonista, Evaristo Calvo, César Cambeiro, Xurxo Cortázar, Salvador del Río, Casilda G. Alfaro, Paku Granxa, Luís Iglesia B., Miquel Ínsua, Tone Martínez, Rebeca Montero, Marcos Orsi, María Roja, Santi Romay e Carlos Sante. Xunto a eles, fan posible o espectáculo Dani Trillo na escenografía, Martina Cambeiro no vestiario e maquillaxe, Afonso Castro na iluminación, Guillerme Fernández no espazo sonoro, Belén Pichel na asistencia de dirección, e Keka Losada na asistencia de produción. |