O Concello segue a defender ante o Ministerio as veciñas e veciños afectados pola pegada sonora
O Concello de Oleiros mantivo unha reunión con representantes da Dirección Xeral de Aviación Civil do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, na que tamén participaron os concellos de Culleredo e Cambre. Na xuntanza tratáronse diversas cuestións relativas ao Plan Director do Aeroporto da Coruña, servidumes aeronáuticas, servidumes acústicas e as alegacións presentadas.

O Concello destinará 10.000 euros para deportistas oleirenses que participan en competicións estatais e internacionais
Os equipamentos deportivos públicos do Concello de Oleiros propician que cada vez sexan máis os e as oleirenses que logran importantes triunfos en competicións estatais e internacionais. Para axudar a estas persoas, o Concello destinará 10.000 euros a subvencionar os gastos derivados da asistencia ás competicións, e que en moitos casos teñen que asumir os propios deportistas e as súas familias.