Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
NOVAS

O pleno municipal condena a sentenza xudicial dos cinco acusados de violar a unha muller en Pamplona

O pleno do Concello de Oleiros aprobou, na sesión de hoxe, unha declaración institucional para condenar a sentenza de tan só 9 anos de prisión contra os 5 acusados de abusar sexualmente dunha muller en Pamplona.

A noite do venres cortarase o bombeo de Santa Cruz

Debido ás obras do tanque de tormentas de Santa Cruz, procederase a cortar o actual bombeo durante un máximo de 12 horas, a partir da medianoite de mañá venres. Esta é unha operación necesaria para conectar a tubaxe actual ao novo bombeo.

Goldi libre! tratará o movemento de insubmisión en España o sábado no Auditorio Gabriel García Márquez

A compañía Chévere presenta o sábado ás 20:30 horas no Auditorio Gabriel García Márquez de Mera a obra Goldi libre!, dirixida por Xron. César Goldi protagoniza esta obra de teatro documental.

O Concello organiza unha excursión aos montes da Fonsagrada

O Concello de Oleiros organiza para o sábado 12 de maio unha ruta de sendeirismo pola zona da Fonsagrada. As persoas participantes realizarán a Ruta de Gallol e ascenderán á Pena Guímara.

O venres abre a preinscrición para as actividades do verán

Desde o vindeiro venres día 27 de abril e ata o 4 de maio estará aberto o prazo de preinscrición para as actividades municipais de verán. O Concello de Oleiros oferta para este verán unha ampla e variedade programación con todo tipo de actividades dirixidas a nenos e nenas de 3 a 18 anos de idade.

Oleiros acolle un contacontos para bebés o vindeiro domingo

Os Contos do Chupete é unha sesión de contos para bebés na que se integran música en directo, literatura infantil, expresión dramática e tradición oral. Os cativos de 0 a 3 anos poderán chuchar contos, cancións e arrolos ata encher a barriguiña nesta proposta para bebés na que gozar en familia.

O Concello organiza un obradoiro de danza urbana

Para conmemorar o Día Internacional da Danza, o Concello de Oleiros organiza un obradoiro de danza urbana que terá lugar o vindeiro sábado día 28 de abril, de 11:30 a 13:30 horas, na Escola Municipal de Danza. Esta actividade é gratuíta e as prazas adxudicaranse por rigorosa orde de inscrición, que se levará a cabo na propia Escola Municipal de Danza ata o xoves en horario de 17:00 a 20:00 h.

A obra da rotonda de Santa Cruz provocará cortes de circulación

Debido ás obras de construción da rotonda no centro de Santa Cruz, a partir do vindeiro martes día 24 de abril non poderá accederse á estrada de Meirás –avenida Emilia Pardo Bazán- desde a rúa Concepción Arenal. Está previsto que este corte se prolongue ata o 21 de maio, como máximo.

O Concello de Oleiros propón a creación dun servizo de transporte público para as praias

O Concello de Oleiros proporá á Xunta de Galicia e ao Concello da Coruña, como administracións con competencias para o transporte público, así como aos concellos de Culleredo e Cambre a creación dun servizo de transporte público ás praias de Santa Cristina e Bastiagueiro durante a época estival, do 1 de xuño ao 15 de setembro.

A outra realidade de Fariña, o venres 27 a debate na Fábrica

O vindeiro venres 27 de abril, ás 19:30 h, o auditorio do centro cultural A Fábrica acollerá un acto que quere amosar cal foi a realidade social que se viviu en Galicia nos inicios do narcotráfico, nos anos 80 e 90. Baixo o título A outra realidade de Fariña preténdese informar sobre a repercusión que tivo na mocidade galega a chegada masiva das drogas a Galicia neses anos e poñer en valor o papel que xogaron as mulleres, nais deses mozos e mozas que caían baixo a influencia das drogas, na loita contra o narcotráfico.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza