Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
NOVAS

« Atrás

Os días 23, 24, 25 e 26 de setembro celebrarase en Santa Cristina o "III Encontro MARIDAR Sabor das Mariñas. Dieta Atlántica, Cultura e Paisaxe"

Oleiros, 20 de setembro de 2021-. Os próximos días 23, 24, 25 e 26 de setembro celebrarase en Santa Cristina o “III Encontro MARIDAR Sabor das Mariñas. Dieta Atlántica, Cultura e Paisaxe”. Trátase dun encontro entre produtores do mar e da terra que ademais de ter un carácter festivo e de lecer, contará con diversas actividades de exaltación dos produtos da comarca das Mariñas.

A Federación de Asociacións Empresariais de As Mariñas (FAE) coa colaboración da Consellería do Mar organiza para os próximos días 23, 24, 25 e 26 de setembro o III Encontro MARIDAR Sabor das Mariñas en Santa Cristina (Avda. Das Américas) Oleiros.
 
A terceira edición do proxecto MARIDAR que se celebrará en Oleiros ten por obxecto o encontro de produtores do mar e da terra, con produtos autóctonos que, ademais de ter un carácter festivo e de ocio, contará con diversas actividades que teñen como finalidade a exaltación de todos o relativo á Comarca das Mariñas, en especial ás súas actividades de carácter empresarial.
 
Entre os obxectivos do encontro sinalaremos os seguintes:
- Amosar a riqueza dos produtos do mar e da terra das Comarca das Mariñas.
- Facilitar aos produtores locais o acceso aos mercados máis próximos no perímetro da Comarca das Mariñas. 
- Favorecer a un maior desenvolvemento e fortalecemento das empresas do sector agrícola e marítimo da Comarca das Mariñas.
- Potenciar o consumo de proximidade, favorecendo así a produtores/as locais.
- Lograr alianzas colaborativas entre produtores locais.
- Elaborar un listado de produtos e servizos propios dos concello que formar parte da Comarca das Mariñas merecedores de contar co apelativo de “Sabores das Mariñas”
- Concienciar á cidadanía da importancia do patrimonio cultural, gastronómico, etnográfico, paisaxístico e mariñeiro existente na Comarca das Mariñas.
- Dinamizar a economía local, sector pesqueiro e agrícola.
- Promocionar a investigación, modernización e innovación asociados aos produtos da Comarca das Mariñas.
- Posta en valor da artesanía local
- Favorecer o emprego local
- Conectar e colaborar coa Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, asumindo a importancia da obtención dun selo de calidade ou etiqueta propia para os produtos desta comarca.
 
O III Encontro MARIDAR: Sabor das Mariñas. Dieta Atlántica, Cultura e Paisaxe contará cos seguintes actos:
 
- Acto inaugural
- Mercado terra/mar.
- Mesas de traballo, roldas de negocio e reunións entre empresarios.
- Obradoiros de cociña: xerais e infantís.
- Actividades lúdico-didácticas no exterior.
- Conferencias sobre produtos locais e características específicas da comarca das Mariñas.
- Show cooking
- Entrega de premios
- Actividades lúdicas diversas e demostracións de elementos locais.
- Acto final.
 
Desde o Concello de Oleiros apostamos polo produto de proximidade e a posta en valor e desenvolvemento da economía local así como o respecto e coidado do patrimonio cultural, natural, paisaxístico, etnográfico e gastronómico da Comarca. Neste sentido, emprazamos a toda a veciñanza a coñecer e probar todos os produtos do mar e da terra da Comarca das Mariñas, ademais de gozar das diferentes propostas de ocio para persoas adultas e crianzas que se desenvolverán ao longo destes días na contorna da Praia de Santa Cristina.
 
Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza