Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
NOVAS

O Concello de Oleiros increméntalle o IBI a Autopistas del Atlántico nun 46%

O Concello de Oleiros aprobará no próximo pleno municipal a modificación de distintas ordenanzas fiscais para actualizar as taxas aos incrementos do IPC, establecido polo Ministerio de Facenda. Entre os impostos que se verán alterados atópase o Imposto de Bens Inmobles de Características Especiais, que grava unicamente a Autopistas del Atlántico.

Oleiros, o municipio coa renda máis alta de Galicia

O Concello de Oleiros é o municipio de Galicia coa renda máis alta por habitante, superando a todas as grandes urbes e os concellos máis potentes. No conxunto de España, Oleiros supera tamén a Madrid e Barcelona e ocupa a posición número 34.

A traxicomedia O soño negro represéntase o domingo en Mera

A compañía Azar Teatro Danza e Música presenta o domingo ás 20:00 horas no auditorio Gabriel García Márquez de Mera o seu espectáculo O soño negro, adaptado e dirixido por Marisol Casal. O elenco de actores e actrices fórmano Brais Romero García, Brenda Romero Casal, Sergio León Centeno, Xian Romero Casal, Oliver Daniel Carballal García e María Florencia Del Pópolo Calzada.

A Orquestra de Cámara Galega ofrece un concerto o sábado en Mera

O sábado, ás 20:30 horas, o auditorio Gabriel García Márquez de Mera acolle un concerto da Orquestra de Cámara Galega. Será a presentación en Oleiros do espectáculo Alma Delas: concerto con voz de muller.

A Fábrica acolle esta fin de semana o XIII Festival Internacional Galicreques

O Concello de Oleiros acolle un ano máis o Festival Internacional Galicreques que organiza o Consorcio das Mariñas. Esta nova edición, que será a décimo terceira, ofrece actuacións o venres, o sábado e o domingo no auditorio da Fábrica, en Perillo.

Pura Tejelo presenta a súa obra A elegancia do século nas Torres de Santa Cruz

O vindeiro xoves día 19, ás 20:00 horas, preséntase o libro A elegancia do século de Pura Tejelo no auditorio das Torres de Santa Cruz. Ademais da autora, o acto contará coa participación de Rosa García Vilariño, profesora de lingua e literatura, e de Sabela Caamaño, acordeonista.

A Fábrica acolle o xoves unha charla coloquio cos creadores da serie "El Final del Camino"

O centro cultural A Fábrica de Perillo acolle o vindeiro xoves ás 20:00 horas unha caharla coloquio sobre o proceso de elaboración da serie "El Final del Camino".

O Concello pon en marcha un curso de preparación para obter o graduado en ESO

O Concello de Oleiros organiza un curso preparatorio para a obtención do título de graduado en ESO, coa finalidade de preparar academicamente ao alumnado asistente para que supere satisfactoriamente as probas libres para maiores de 18 anos que convoca a Xunta de Galicia para a obtención do título en ESO.

O Concello de Oleiros soterrará, con cargo a Gas Natural Fenosa, un tramo de tendido eléctrico con tres postes en ruínas

O Concello de Oleiros procederá a soterrar o tendido eléctrico nun tramo da avenida Valle Inclán ante o estado ruínoso que presentan tres postes que se atopan xusto diante do colexio de Perillo, de máis de 600 alumnos. Gas Natural Fenosa recibiu numerosos requerimentos para soterrar a liña nesta zona urbana, pero ante a pasividade da compañía o Concello procederá a informar da situación ao xulgado para posteriormente realizar a obra, que terá que pagar Fenosa.

O Castelo de Santa Cruz iluminarase de vermello contra a pobreza

O Concello de Oleiros participará na campaña Pobreza Cero iluminando de vermello o Castelo de Santa Cruz. O alumeado realizarase mañá martes.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza