Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
NOVAS

« Atrás

O Concello reparte 30.000 kg de alimentos entre 376 familias en situación de vulnerabilidade

 Oleiros, 22 de outubro de 2021-. A primeira semana de novembro, o Concello de Oleiros procederá ao reparto de 30.000 kg de alimentos non perecedoiros procedentes da Unión Europea entre as 376 familias que neste momento se atopan en situación de emerxencia social no municipio. Para evitar estigmatizacións, todas as persoas son citadas en horarios concretos para que poidan recoller os alimentos que necesitan sen ter que agardar, nin facer colas.

Ademais deste reparto de alimentos, o Concello está a axudar a todas estas persoas mediante a entrega de bonos para acceder a produtos frescos en supermercados; custeando integramente o comedor escolar dos nenos e nenas destas familias; entregando axudas para o pagamento do aluguer ou a factura da luz, a compra de electrodomésticos e artigos imprescindibles no fogar, gafas ou dentista; asumindo os gastos de medicamentos, etc. Ademais do forte investimento no Servizo de Axuda no Fogar, para a atención de persoas maiores e dependentes nos seus domicilios. 
 
O Voluntariado de Oleiros colabora neste reparto de alimentos.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza