Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
NOVAS

« Atrás

O Concello finalizará a recuperación da Finca Tenreiro cunha subvención da Deputación

 Oleiros, 14 de outubro de 2021-. O Concello de Oleiros vai recibir unha subvención da Deputación da Coruña de 300.000 euros que serán destinados á obra de finalización da recuperación do parque e do edificio principal da Finca Tenreiro, en Nós, para crear un albergue xuvenil. Esta actuación, de 457.400,84 euros, executarase en 2022.

Inicialmente a contía desta subvención era de 150.000 euros e ía destinarse á construción dunha área de deporte urbano de parkour e á ampliación da actual pista de skate en Bastiagueiro. Dado o incremento do importe da achega provincial, esa obra pasará a tratarse con fondos propios municipais. Mañá venres, ás 13:00 horas, celebrarase un pleno municipal para adoptar este acordo.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza