Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
NOVAS

O Concello forma a un grupo de bombeiros que realizan rescates de persoas refuxiadas no Mar Mediterráneo

O Concello de Oleiros, a través do Servizo Municipal de Emerxencias, está a formar a un grupo de 11 rescatadores da ONG Proem-Aid que se dedican ao auxilio de persoas refuxiadas en Lesbos. As prácticas, que dirixen os profesionais do Concello de Oleiros, están a desenvolverse na Baía de Mera.

Publícanse as listaxes provisionais das prestacións de apoio á escolarización

O Concello de Oleiros publicou as listaxes provisionais das prestacións de apoio á escolarización para o curso 2017/2018. A relación de familias beneficiarias destas axudas estará exposta no taboleiro de edictos do Concello e no departamento de Servizos Sociais e poderán consultarse en persoa ou telefonicamente, a través do teléfono de atención ao veciño 981 610 000.

O domingo celébrase o XX Trofeo Concello de Oleiros de patinaxe de velocidade

Máis de 250 patinadores procedentes de Portugal e de diversas partes de España participan o domingo no XX Trofeo Concello de Oleiros de patinaxe de velocidade. As carreiras comezarán ás 10:00 horas e transcorrerán polas rúas do polígono de Iñás.

O horario de finalización das verbenas no Concello de Oleiros non superará as 3 da madrugada

O Concello de Oleiros non autorizará verbenas que rematen máis tarde das 3 da madrugada. O Goberno municipal adoptou esta decisión para evitar incidentes e actos vandálicos e permitir que veciños e veciñas de todas as idades poidan gozar do baile e da festa nas súas localidades.

O Concello de Oleiros envía un gran contedor con material escolar cara Nicaragua

O Concello de Oleiros enviou un gran contedor de 12 metros con diverso material escolar para dúas escolas dunha das rexións máis pobres de Nicaragua. Centos de veciños e veciñas participaron nesta campaña de cooperación para a que o Concello aportou tamén numerosos recursos educativos que se atopaban sen utilizar nos colexios do municipio.

Comezan as obras na depuradora de Punta Bufadoiro

O Concello de Oleiros iniciou os traballos para a construción da nova depuradora da urbanización O Xunqueiro, en Mera. O custo destes traballos ascende a 148.715,07 euros.

A Xunta aproba o convenio para entregarlle 590.000 euros ao Concello de Oleiros para construír a rotonda de Santa Cruz

A conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, comunicoulle esta mañá ao alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, que o Consello da Xunta acordou aprobar o convenio segundo o que o Concello de Oleiros recibirá 590.000 euros para a construción da rotonda de Santa Cruz.

O Concello de Oleiros saca a contratación un conxunto de importantes obras por máis dun millón de euros

O Concello de Oleiros procederá a contratar nos vindeiros días diversas obras de pavimentación e renovación das redes de auga e saneamento en diferentes localidades do municipio. No seu conxunto, as actuacións suman un total de 1.042.209,04 euros.

O primeiro Festival de artes escénicas na rúa celébrase esta fin de semana

A vindeira fin de semana prazas, xardíns, paseos e outros espazos públicos singulares do Concello de Oleiros servirán de escenario para artistas e compañías das máis variadas procedencias e disciplinas: música, circo, danza, teatro de rúa, maxia... As entradas a todos os espectáculos serán de balde.

O Concello de Oleiros lembra a obriga de manter limpas e libres de maleza as fincas

O Concello de Oleiros lembra aos veciños e veciñas do municipio a obriga de manter limpas e libres de maleza as súas propiedades, xa que o incumprimento desta supón unha violación da Ordenanza municipal de limpeza e da Lei de ordenación urbanística do medio rural de Galicia.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza