Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
NOVAS

« Atrás

Un grupo de mulleres participa nun obradoiro de empoderamento feminino para acceder ao mundo laboral

Oleiros, 05 de abril de 2018-. A concellería de Servizos Sociais do Concello de Oleiros, conxuntamente co Centro Municipal de Formación, iniciaron unha colaboración coa Asociación Daleth para mellorar as posibilidades de acceso ao mundo laboral das mulleres que se atopan en circunstancias de especial vulnerabilidade a través dun obradoiro dividido en 11 sesións grupais, enfocadas ao emprendemento feminino e unha final centrada na resolución de conflitos. A actividade comezou hoxe cun grupo de 17 mulleres que traballarán o autocoñecemento, a confianza, a mellora da autoestima e as crenzas limitantes a través de técnicas de coaching e de educación emocional.

Trátase dun paso máis nas actividades desenvolvidas ao amparo do Plan de Igualdade do Concello de Oleiros, centrado nesta ocasión na incorporación ao mundo laboral, ao considerarse o emprego como unha necesidade e un dereito fundamental ao que as mulleres teñen maiores dificultades para o seu acceso. A Asociación Daleth a través deste programa que denomina Bolboreta II pretenden “transformar a mirada, cambiar a actitude” das mulleres participantes; sacar o mellor de cada unha delas, fomentar a súa confianza e a súa motivación son os obxectivos principais da actividade, sempre orientado ao emprego.
 
Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza