Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:40, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.50 na SER
 
NOVAS

« Atrás

Aberto o prazo de inscricións para a Escola Municipal de Golf

 Oleiros, 19 de agosto 2022-. Está aberto ata o día 31 de agosto o prazo de inscrición para apuntarse á Escola Municipal de Golf. Ofértanse 80 prazas para rapaces e rapazas de Oleiros nacidos entre 2005 e 2012. 

Todas aquelas persoas interesadas en apuntar aos seus fillos e fillas a esta escola, deberán enviar ao correo electrónico deportes@oleiros.org o formulario de inscrición que se pode descargar da web municipal. En caso de que haxa máis solicitudes que prazas, realizarase un sorteo público na Fábrica o día 5 de setembro ás 12:00 horas.
 
Esta escola deportiva ten por obxectivo iniciar no deporte do golf ao tempo que se inculcan valores propios da disciplina, en particular e do deporte, en xeral. O Concello de Oleiros achegará todo o material necesario para a actividade, que terá un custo mensual de entre 17 e 8 euros, en función das idades. As clases desenvolveranse entre outubro de 2022 e xuño de 2023.
 
O Concello de Oleiros ten interese en divulgar e dar a coñecer a práctica do golf entre a poboación en idade escolar do municipio. Para iso, e grazas a un convenio de colaboración entre o propio Concello de Oleiros e as sociedades que xestionan o campo de golf de Xaz, creouse a Escola Municipal de Golf.
 
Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza