Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
NOVAS

« Atrás

A Subdelegación do Goberno non autoriza a manifestación na rotonda do monumento do Che

 Oleiros, 23 de xullo de 2021-. A Subdelegación do Goberno comunicoulle ao Concello de Oleiros que a manifestación convocada xunto ao monumento a Ernesto Che Guevara non poderá desenvolverse nesa zona por unha cuestión de seguridade viaria, para evitar posibles atropelos, e para protexer a integridade do monumento. A Subdelegación informou que a rotonda “non poderá ser considerada lugar de concentración”.

O Concello de Oleiros tamén emitiu previamente un informe alertando dos graves problemas que se poden ocasionar ao tráfico e á seguridade peonil por este acto, así como dos posibles danos que poderían chegar a producirse sobre o patrimonio municipal. Existen outros emprazamentos no municipio máis seguros, que non ocasionarían retencións de tráfico nin riscos para as persoas manifestantes.
 
“Estaban a pedir unha manifestación nun punto onde hai un tráfico inmenso. Poden manifestarse na praia de Bastiagueiro, na praza afundida de Santa Cristina, e en moitos outros lugares, pero nun punto polo que circulan milleiros de vehículos non é posible cortar o tráfico durante tres horas. Ademais a rotonda é un monumento axardinado e debemos velar pola conservación do patrimonio público”, comentou o alcalde de Oleiros.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza