Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
NOVAS

Desde o luns non poderá accederse á avenida de Santa Cristina desde a glorieta

Desde o luns, e durante varios días, quedará cortado o acceso á avenida de Santa Cristina desde a rotonda polas escavacións das obras do sifón. Os vehículos que procedan da Coruña e queiran dirixirse a esa zona terán que facelo pola rúa Darwin. Desde a avenida de Santa Cristina si será posible incorporarse á avenida Ernesto Che Guevara dirección A Coruña.

O pleno acorda que o Concello asuma o mantemento das pasarelas na N-VI para que Fomento as contrate de inmediato

O pleno municipal acordou na sesión celebrada hoxe que o Concello de Oleiros asuma os gastos de mantemento das pasarelas peonís a instalar polo Ministerio de Fomento na N-VI en Perillo, así como dos ascensores e demais elementos auxiliares.

O Concello redacta o proxecto de construción de beirarrúas en Lorbé para que a Xunta contrate a obra

O Concello de Oleiros entregará nos vindeiros días o proxecto de construción de beirarrúas en Lorbé, desde a casa do pobo ata o linde con Sada pola marxe dereita. A Xunta de Galicia, que é a administración titular da estrada, está obrigada a contratar esta obra para dotar de seguridade os peóns nun núcleo urbano tan importante como é o de Lorbé.

O Concello de Oleiros demanda novas melloras no porto de Santa Cruz

O Concello de Oleiros ten demandado a Portos de Galicia a reparación do solo do porto de Santa Cruz así como a colocación dunha nova barandilla. Neste días están a rematar os traballos de construción do muro e do noiro, polo que o Goberno municipal pretende que non finalice esa actuación sen que tamén sexan acometidas estas melloras.

O último corte de tráfico na avenida Che Guevara comezará hoxe ás 10 da noite e durará 24 horas

Hoxe a partir das 22:00 horas producirase o último corte de tráfico por obras na avenida Ernesto Che Guevara. A partir das 22:00 horas de mañá xoves restableceranse os dous carrís de circulación.

O Concello organiza unha excursión en Semana Santa ao Parque Natural de Babia e Luna

Parque Natural de Babia e Luna será o destino da viaxe que organiza por Semana Santa o Concello de Oleiros. O prazo de inscrición para as persoas interesadas comeza mañá xoves 22 de febreiro.

O Concello de Oleiros dixitaliza o rexistro

O Concello de Oleiros procedeu no día de hoxe á implantar a tecnoloxía que permitirá dixitalizar o rexistro municipal, tanto de entrada como de saída. A partir de agora, os documentos que presenten os cidadáns ante a administración local quedarán dixitalizados, podendo conservar os orixinais os veciños e veciñas.

Rosa Cedrón actúa o sábado na Fábrica

Rosa Cedrón actúa o sábado na Fábrica

Rosa Cedrón ofrece este sábado ás 20:30 horas un concerto no auditorio do centro cultural A Fábrica, en Perillo. As entradas estarán á venda desde unha hora antes do inicio do espectáculo a un prezo de 3,50 euros.

O Concello organiza un campamento en Semana Santa para nenas e nenos

Un ano máis o Concello de Oleiros organiza o Campa Escola. Este campamento desenvolverase os días 26, 27 e 28 de marzo en horario de 09:00 a 14:00 horas no CEIP Ramón María del Valle Inclán, CEIP A Rabadeira e CEIP Isidro Parga Pondal, e vai destinado a nenos e nenas nados entre o ano 2006 e 2014.

O Entroido do Concello de Oleiros critica cunha comedia moi ácida aos políticos máis destacados do panorama nacional e internacional

A "Compañía Municipal de Teatro", que encabezou un ano máis o alcalde Ángel García Seoane, realizou unha gala de entrega dos Premios Óscar cargada de humor e de denuncia das actuacións e comportamentos dalgúns dirixentes políticos.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza