Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación » Vivir en Oleiros
   

Twitter

     
 
   

Non o podes perder

     
Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
   

Vivir en Oleiros

     

Vivir en Oleiros nº 57

Os principais titulares son: Inaugurado o novo campo de fútbol municipal de Iñás; A gran avenida entre Santa Cruz e Mera segue collendo forma; O Concello acada a cesión gratuíta de 13 hectáreas en Bastiagueiro valoradas en 12 millóns de euros; O paseo entre Santa Ana e Canide está case listo; A urbanización das Viñas avanza rápido; Fomento retrasa as obras de Sol y Mar; Rubén Río proclámase campión do mundo de balonmán; A Finca Tenreiro continuará o seu acondicionamento cun novo obradoiro de Emprego.

Vivir en Oleiros nº 56

Os principais titulares son: As editoriais españolas premian ao Concello de Oleiros polo Sistema de Bibliotecas Municipais; A costa de Oleiros é declarada sendeiro azul europeo; A urbanización de Xaz reportará importantes ingresos ás arcas municipais; O Concello contratará as obras rotonda de Santa Cruz despois do verán; Abre a nova sede da Facenda municipal; Increméntanse nun 10% as axudas á escolarización; Alfaroleiros celebra a súa XXIII edición entre o 2 e o 6 de agosto; As políticas sociais municipais garanten a atención ás persoas dependentes.

Vivir en Oleiros nº 55

Os principais titulares son: As protestas na N-VI forzan ao Goberno central a incluír unha partida de 2,2 millóns no orzamento para iniciar a obra de Sol y Mar; O carril bici entre Santa Cruz e Mera estará rematado nos vindeiros meses; O Concello volverá repartir leña polo San Xoán para evitar a contaminación das praias; O orzamento municipal para 2017 supera os 27 millóns; Unha ordenanza municipal impide a proliferación de alpendres por todo o territorio; Oleiros esixe xustiza e paz para Palestina; Múltiples actividades para celebrar Día das Letras; O Concello saca á venda 21 parcelas municipais

Vivir en Oleiros nº 54

Os principais titulares son: O Pazo de Arenaza converterase nun importante centro de investigación; As entidades reciben 214.796,27 euros; Os veciños e veciñas cortan o tráfico para esixir melloras na N-VI; Comeza a segunda fase do carril bici entre Mera e Santa Cruz; O tanque de tormentas de Santa Cruz e o sifón da Pasaxe culminan a rede de saneamento; O Concello adquire o edificio para a Facenda municipal; O novo regulamento da auga libera a veciñanza de importantes gastos.

Vivir en Oleiros nº 53

Os principais titulares son: un luxo ao alcance de todos; A XXVII Feira do Mel celébrase o domingo 6 de novembro; Os campos de Montrove, Os Regos e Iñás xa teñen céspede artificial; O Concello adquirirá unha finca no Xunqueiro para instalacións deportivas; A rúa Habitat terá saída cara A Pasaxe; Finalizan as obras no Torreón Bescansa; Continúa a recuperación da Finca Tenreiro.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza