Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación » Vivir en Oleiros
   

Twitter

     
 
   

Non o podes perder

     
Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
   

Vivir en Oleiros

     

Vivir en Oleiros nº 60

Os principais titulares son: O alumnado da Escola Municipal de Danza brilla sobre o escenario do García Márquez; O bus urbano da Coruña entra en Santa Cristina; Cinco praias de Oleiros son distinguidas coa bandeira azul; O Concello logra 1,4 millóns da Deputación para diversas obras e servizos; A obra do tanque de tormentas finaliza en agosto; A cadela Nuba visita as escolas infantís para sensibilizar os nenos e as nenas; A XXIV edición de Alfaroleiros celébrase entre os días 1 e 5 de agosto.

Vivir en Oleiros nº 59

Os principais titulares son:Manu Taibo gana a Copa de Europa de Patinaxe en Portugal; O Concello destina máis de 60.000 euros ao benestar animal e a actividades de concienciación; A Xunta segue sen resolver as graves deficiencias na Residencia de Maiores de Oleiros; As entidades reciben 261.334,88 euros para as súas actividades; As obras da rotonda de Santa Cruz entran na última fase; O Goberno municipal demanda á Consellería de Infraestruturas beirarrúas para Lorbé; Homenaxe multitudinaria a Nano García no campo de Iñás.

Vivir en Oleiros nº 58

Os principais titulares son: O Balcón de Maianca abre unha fermosa fiestra á baía de Mera; Comezan as obras de urbanización de Xaz, en Dorneda; Os cortes de tráfico na avenida Ernesto Che Guevara inícianse estes días; O orzamento municipal de 2018 supera os 28 millóns de euros; A rotonda do centro de Santa Cruz será unha realidade antes do verán; O Concello coopera nun proxecto sanitario en Chiapas; Os campos de fútbol municipais, a disposición de todos os clubs.

Vivir en Oleiros nº 57

Os principais titulares son: Inaugurado o novo campo de fútbol municipal de Iñás; A gran avenida entre Santa Cruz e Mera segue collendo forma; O Concello acada a cesión gratuíta de 13 hectáreas en Bastiagueiro valoradas en 12 millóns de euros; O paseo entre Santa Ana e Canide está case listo; A urbanización das Viñas avanza rápido; Fomento retrasa as obras de Sol y Mar; Rubén Río proclámase campión do mundo de balonmán; A Finca Tenreiro continuará o seu acondicionamento cun novo obradoiro de Emprego.

Vivir en Oleiros nº 56

Os principais titulares son: As editoriais españolas premian ao Concello de Oleiros polo Sistema de Bibliotecas Municipais; A costa de Oleiros é declarada sendeiro azul europeo; A urbanización de Xaz reportará importantes ingresos ás arcas municipais; O Concello contratará as obras rotonda de Santa Cruz despois do verán; Abre a nova sede da Facenda municipal; Increméntanse nun 10% as axudas á escolarización; Alfaroleiros celebra a súa XXIII edición entre o 2 e o 6 de agosto; As políticas sociais municipais garanten a atención ás persoas dependentes.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza