Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación » Publicacións
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
Publicacións

« Atrás

Ver O deporte de OleirosO deporte sempre foi para o Goberno que presido un asunto prioritario e por iso, sentímonos moi orgullosos da alta participación e da cualificación acadada pola nosa mocidade e por aquelas persoas non tan novas nas múltiples prácticas deportivas que en Oleiros se levan a cabo.

Froito dunha acción coordinada entre o Concello,deportistas e clubs, onde contamos con directivos que interpretan á perfección un xeito de ser, de pensar e de inspirar xeracións sas e con futuro, xorden deportistas entregados á persecución dunha meta: chegar, e se é posible, máis lonxe, máis alto, máis forte.

A publicación que tedes nas vosas mans é unha homenaxe a todos eles polo seu esforzo, polo seu afán de superación e polo prestixio que lle dan a Oleiros e aos clubs nos que participan. E quere ser tamén un recoñecemento ao excepcional traballo que os diferentes colectivos están a levar a cabo que redunda na preparación física e incide positivamente na saúde das persoas contribuíndo á convivencia e á mellora das relacións sociais entre a cidadanía.

Ángel García Seoane

Alcalde de Oleiros

O deporte en Oleiros

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza