Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación » Publicacións
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
Publicacións

« Atrás

Oleiros, Benestar Social

Oleiros Benestar SocialO benestar social foi sempre un motivo de especial atención para os membros do goberno municipal. As políticas de asistencia e protección oriéntanse cara ás persoas máis desfavorecidas ou maltratadas pola vida, pero tamén, entendidas desde a necesidade de atender os dereitos colectivos de todas as persoas maiores, como unha prestación universalizada de servizos e coidados que noutros tempos lles foran negados, mesmo aos que traballaran arreo toda unha vida.

Os servizos sociais, en Oleiros, responsabilízanse da dispensación de servizos moi necesarios a través da aplicación de bonos de axuda, da asistencia domiciliaria e tamén, proporcionando coidados especializados a persoas con limitación de mobilidade. Ademais, con carácter xeral e dentro xa dunha normalidade no funcionamento, damos resposta á obriga moral que, desde o goberno, temos de facer a vida sequera un chisco máis pracenteira aos nosos maiores promovendo para iso diversas actividades de ocio, deportivas, festivas… na procura do lecer e da convivencia entre as persoas.

Con esta publicación, pretendemos amosar parte do traballo que un amplo equipo multidisciplinar leva a cabo ao longo do ano, con ese ánimo de contribuír a encher de motivacións a vida dos nosos maiores.

Ángel García Seoane

Alcalde de Oleiros

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza