O Goberno local de Oleiros forxou ao longo dos anos un extenso e completo programa de actividades que pretende completar a educación dos nosos fillos e das nosas fillas e poñer á súa disposición un conxunto de iniciativas que enriquezan o seu tempo de lecer. Este delicado traballo, posto en marcha desde o Organismo Autónomo Municipal de Cultura, plasma un dos eixes fundamentais da nosa política, que atopa na cultura, na educación e no deporte os alicerces sobre os que debe sustentarse o desenvolvemento humano da nosa mocidade...
Ángel García Seoane. Alcalde do Concello de Oleiros
O benestar social foi sempre un motivo de especial atención para os membros do goberno municipal. As políticas de asistencia e protección oriéntanse cara ás persoas máis desfavorecidas ou maltratadas pola vida, pero tamén, entendidas desde a necesidade de atender os dereitos colectivos de todas as persoas maiores, como unha prestación universalizada de servizos e coidados que noutros tempos lles foran negados, mesmo aos que traballaran arreo toda unha vida... Ángel García Seoane (Alcalde de Oleiros)