Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación » Hemeroteca
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
Dende Outubro 2010

« Atrás

A Xunta ten a 12 maiores en lista de agarda para o Centro de día das Galeras, con 21 prazas libres

 Oleiros, 13 de outubro de 2021-. Un total de 12 persoas maiores levan semanas -nalgún caso meses- en lista de espera para ocupar unha praza no  Centro de Día das Galeras, que dispón neste momento de 21 prazas vacantes. Incomprensiblemente, e malia a urxente necesidade das familias, a admisión no centro está paralizada debido a que a Xunta non resolve un simple trámite administrativo.

O Centro de Día das Galeras conta con 60 prazas en total, pero só se atopan ocupadas 39. Algunhas das persoas que está en lista de espera teñen concedida a valoración máxima do grao de dependencia e as súas familias precisan do seu ingreso no centro.
 
Ante esta deficiente xestión, o Concello de Oleiros vai dirixirse á Consellería de Benestar para denunciar a situación. Non é admisible que se produza esta infrautilización de recursos públicos tan necesarios para as familias por unha cuestión burocrática.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza