| Dende Outubro 2010 « Atrás A rede de apoio entre mulleres de Oleiros denuncia a violencia de xénero no Parque As Trece RosasOleiros, 27 de novembro de 2020-. As mulleres que forman o grupo Sorrindo, a rede de apoio entre mulleres de Oleiros xurdida no 2017 a partir das actividades municipais organizadas pola Concellería de Servizos Sociais e Igualdade, fixo un acto singular de denuncia contra a violencia de xénero no Parque As Trece Rosas. Ademais de decorar o monumento e a pedra conmemorativa, “abrazaron” a algunhas das árbores do parque con bufandas elaboradas por elas mesmas. Sorrindo é un grupo formado por mulleres que convive en liberdade, respecto e solidariedade. Unha por unha e en grupo superaron momentos difíciles da súa historia de vida como mulleres. |