| Dende Outubro 2010 « Atrás A Fábrica acolle o venres un concerto-recital da obra poética de Carvalho CaleroOleiros, 25 de novembro de 2020-. Santiago Fernández presenta o venres ás 18:00 horas no Auditorio da Fábrica un concerto- recital da obra poética de Ricardo Carvalho Calero “Eu fun feliz, agora sei-no”. Neste espectáculo mestúrase música de Eduardo Coma e textos da obra poética de Carvalho Calero. “Eu fun feliz, agora sei-no” recolle unha selección de textos está baseada nos seus principais poemarios: Vieiros, Anjo de terra, O siléncio ajoellado, Futuro condicional, Cantigas de amigo e outros poemas e Reticências. Un abano de poemas onde se mestura o lirismo coa soidade do exiliado na propia terra; a prosa épica do romance ou a consciencia da imperfección humana aprendida día a dia sorbendo a sabedoría da finitude. O espectáculo é gratuíto, pero para acceder precísase inscrición previa no enderezo electrónico cultura@oleiros.org, indicando nome e apelidos e un teléfono de contacto, antes do venres ás 14.30 horas. Ante a situación sanitaria, e seguindo as directrices das autoridades, a capacidade da sala estará limitada. Será obrigatorio manter a distancia de seguridade e asistir con máscara, así como atender as indicacións e normas da organización. |