| Dende Outubro 2010 « Atrás O Apalpador 3.0 estará o domingo ás 12 horas na FábricaOleiros, 24 de novembro de 2020-. Este domingo día 29 de novembro, ás 12:00 horas, chega á Fábrica O Apalpador 3.0, da Xanela do Maxín. Trátase dunha actividade do programa Apego recomendada para nenos e nenas de 3 a 6 anos. A entrada é gratuíta, mais hai que reservala facendo a inscrición a través do formulario habilitado, que estará aberto ata as 14:00 horas do 27 de novembro, ou ata completar o aforo permitido. Por este motivo, o Concello solicita que só acuda 1 persoa adulta por cada unidade familiar. Como sempre, terán preferencia as persoas inscritas no Apego de Oleiros. |