| Dende Outubro 2010 « Atrás Obradoiro de Nadal no Museo Os OleirosOleiros, 24 de novembro de 2020-. O Museo Os Oleiros ten aberto o prazo de inscrición para un obradoiro no que as persoas que participen aprenderán facer adornos para o Nadal moi orixinais. A actividade vai dirixida a todos os públicos e ten unha duración de tres xornadas, 28 de novembro e 5 e 12 de decembro. Para obter máis información sobre o obradoiro así coma para formalizar as inscricións é preciso dirixirse ao Museo Os Oleiros, situado nas Torres de Santa Cruz. Tamén é posible chamar por teléfono ao 981 626 692 ou enviar un correo electrónico a museos@oleiros.org. |