Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación » Hemeroteca
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
Dende Outubro 2010

« Atrás

Concerto do dúo TéCanela, o venres na Fábrica

Oleiros, 1 de xullo de 2020-. Este venres o dúo TéCanela ofrece un concerto no centro cultural A Fábrica, en Perillo, ás 21:00 horas. Rumba, ironía, diversión e a voz espectacular de Ariadna Rubio farán deste concerto unha cita que quedará na memoria. 

No marco do Festival Elas Son Artistas, o Concello de Oleiros acolle a actuación de Ariadna Rubio e Jano Fernández. En pouco tempo, TéCanela está logrando chegar coas súas letras a moitísimas persoas que seguen atentamente o que se move na música de autor actual con artistas como Rozalén ou El Kanka.
 
As entradas teñen un custo de 3,50 euros e poñeranse á venda a partir das 19:30 horas, ata completar a capacidade da sala. En cumprimento das indicacións e medidas de seguridade e hixiene fronte ao COVID-19, o aforo será limitado e será obrigatorio asistir con máscara.
 
Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza