Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación » Hemeroteca
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
Dende Outubro 2010

« Atrás

O pleno aproba a ordenanza municipal de talas forestais, plantación, conservación e fomento de especies autóctonas

Oleiros, 25 de xuño de 2020-. O pleno do Concello de Oleiros aprobou inicialmente a Ordenanza municipal reguladora de plantación e tala de masas forestais, conservación e fomento das especies autóctonas. Con esta nova normativa o Goberno municipal pretende asegurar a preservación do entorno, da paisaxe, dos bens municipais, da seguridade viaria e a prevención dos incendios forestais.

Esta ordenanza determina, entre outras cousas, as responsabilidades dos madeiristas e o establecemento de garantías e avais. Tamén se delimitan as faixas de xestión de biomasa sobre os planos do Plan Xeral e do Catastro, o que facilita a tramitación dos requerimentos para as obrigacións da xestión da biomosa vexetal, as execucións subsidiarias e, no seu caso, a imposición das sancións correspondentes.
 
O pleno municipal, que volveu celebrarse a porta pechada para garantir as distancias de seguridade, tamén acordou aprobar a elección de Juan Ramón Canle López como Xuíz de Paz titular de Oleiros, por un período de catro anos.
 
Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza