Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación » Hemeroteca
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
Dende Outubro 2010

« Atrás

Comeza a funcionar a zona ORA nas inmediacións das praias

Oleiros, 1 de xuño de 2020-. Desde hoxe comeza a funcionar o sistema de cobro por estacionamento nalgúns aparcadoiros das inmediacións das praias de Santa Cristina, Bastiagueiro, Santa Cruz, Naval e Mera. A ORA estará activa durante toda a tempada de verán, ata o 15 de setembro, de luns a domingo, en horario de 12.00 a 20.00 horas. A tarifa parte dos 50 céntimos que posibilita estacionar unha hora, ata os 5 euros que permiten deixar o vehículo durante todo o día. Tamén hai tramos intermedios, como o de 3 euros, para aparcar durante 4 horas.

Desde a implantación da ORA pódese aparcar en zonas de praia que teñen unha grande intensidade de uso, especialmente as fins de semana ou en horario de tarde con bo tempo. Este sistema constitúe unha forma de ordenación dun espazo público nunha zona turística cando máis preciso é, no caso de Oleiros, no verán; onde a escaseza de solo dispoñible con destino a aparcadoiro e o aumento do parque automobilístico determinan a necesidade de facer unha distribución racional e equitativa dos estacionamentos entre todas as persoas usuarias.
 
A tecnoloxía coa que están dotados os parquímetros permite o pagamento mediante tarxeta ou teléfono móbil. Tamén é posible utilizar a aplicación easypark. A identificación por matrícula non fai necesario a colocación do resgardo no parabrisas e posibilita a anulación das denuncias de xeito rápido e seguro.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza