Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación » Hemeroteca
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
Dende Outubro 2010

« Atrás

O Concello de Oleiros sanciona con 501 euros a un infractor das normas do lixo

Oleiros, 28 de maio de 2020-. A Policía Local identificou a un cidadán realizando depósito de residuos voluminosos infrinxindo as normas da Ordenanza xeral de limpeza do Concello de Oleiros, nun lugar no que existe sinalización que prohibe expresamente o depósito de escombro. Estes feitos, acontecidos nas proximidades da vivenda da persoa infractora, ocasionaranlle unha sanción de entre 501 e 1.500 euros.

Entre o lixo había caixas de mudanza con libros antigos, madeiras, mobles vellos, unha carreta e varias bolsas de lixo rachadas e espalladas. Con anterioridade, a persoa denunciada estivo facendo limpeza no inmoble da súa propiedade, reunindo os elementos que posteriormente foron depositados fóra dos contedores incumprindo a prohibición de abandono de mobles e efectos particulares na vía pública.
 
“Non estamos dispostos a permitir este tipo de comportamentos. Ninguén ten dereito a degradar desta maneira o noso municipio. Electrodomésticos, mobles, podas,... é obrigatorio levalos ao punto limpo. Pídolle a todos os veciños que cando vexan a algunha persoa incumprindo as normas do lixo chamen á Policía Local e dean datos para poder sancionar estas condutas”, dixo o alcalde Ángel García Seoane.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza