Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación » Hemeroteca
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
Dende Outubro 2010

« Atrás

O Concello de Oleiros licita a pista de patinaxe e ciclismo de Bastiagueiro

Oleiros, 22 de maio de 2020-. O Concello de Oleiros comezará nas próximas semanas as obras de construción da nova pista de patinaxe e ciclismo de Bastiagueiro. Esta instalación deportiva estará situada nos terreos de propiedade municipal que se atopan na marxe dereita da avenida Ernesto Che Guevara dirección Santa Cruz.

O Concello de Oleiros financiará esta actuación con 413.561 euros procedentes do Plan POS+ da Deputación e cunha achega de recursos municipais de 16.858 euros. “Esta é unha obra que fai o Concello de Oleiros. É o Goberno municipal o que decide onde se invisten os fondos do Plan POS+, que son uns cartos que lle corresponden a todos os concellos da provincia e que distribúe a Deputación. Non é a Deputación a que decide que se realice esta actuación nin a que executa a obra”, comentou o alcalde Ángel García Seoane.
 
A pista terá unha lonxitude interior de 200 metros e 6 metros de ancho. Estará dotada para poder acoller campionatos de ámbito estatal.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza