Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación » Hemeroteca
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
Dende Outubro 2010

« Atrás

O Centro Municipal de Formación axudou a que 305 persoas atopasen traballo e a que se creasen 31 novas empresas durante 2019

Oleiros, 8 de abril de 2020-. O Concello de Oleiros, a través do Centro Municipal de Formación Isaac Díaz Pardo, ofertou 577 postos de traballo ao longo do pasado ano. Durante 2019 foron atendidas 5.894 persoas nas dependencias dos Regos.

Das 305 persoas que conseguiron ser contratadas, 88 introducíronse no mercado laboral a través dos programas de emprego municipal. A partir do asesoramento proporcionado no Centro Municipal de Formación a 106 proxectos empresariais, tamén naceron un total de 31 novas empresas que orixinaron 45 novos empregos.
 
Ademais, o Concello impartiu 12 cursos de formación nos que participaron 165 alumnos e alumnas: dous de Cociña; un de actividades auxiliares en viveiros, un de xardíns e zonas verdes; dous de montaxe e mantemento de instalacións solares térmicas; dous de atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións; dous de atención sociosanitaria a persoas no domicilio; un de comunicación en lingua castelá; un de competencia matemática; e un de comunicación en lingua galega.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza